InicioSociedadeO Banco de Alimentos de Lugo pide á Xunta e o Concello...

O Banco de Alimentos de Lugo pide á Xunta e o Concello máis apoio, ao acreditar unha débeda de 12.000 euros

Pide a mediación das administracións, asegurando que eles están a suplir o que sería a súa obriga.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A presidenta do Banco de Alimentos de Lugo, Amadora Núñez, demandou tanto á Xunta como ao Concello un “maior” apoio económico, por unha situación económica complicada ao arrastrar unha débeda de 12.000 euros.

A pesar das datas, Núñez testemuña que seguen “traballando a lume de biqueira” e insiste en pedir a mediación das administracións asegurando que eles están a suplir o que sería a súa obriga.

Incide en que traballan con “moita xente”, nunha nave da rúa Comercio no polígono industrial do Ceao, onde almacenan toda a mercadoría con que se lles obsequia.

Dan cobertura a máis de 2.000 familias, segundo os seus números, “de aquí, pero tamén de Cuba, Venezuela, Colombia, Uruguai e Arxentina”, e despois tamén atenden a “moitos refuxiados”. “Témonos que empregar a fondo”, subliña.

O banco reparte alimentos dúas veces á semana, os martes e os venres, e a presidenta calcula que se distribúen da orde de “17 a 20 toneladas” de comida. “Mentres quede un quilo de comida non se lle vai negar a ninguén. Imos seguir resistindo”, conclúe a activista lucense.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...