InicioSociedadeMéndez pide que non se entre no Garañón para así non favorecer...

Méndez pide que non se entre no Garañón para así non favorecer sucesos coma o do incendio

Méndez asegurou que desde o equipo de goberno seguirán tomando medidas de seguridade para que a xente non poida acceder á zona.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, fixo un chamamento á concienciación e á prudencia dos veciños da cidade para que non entren no edificio do Garañón e así se eviten sucesos como o acontecido este fin de semana, cando os bombeiros tiveron que sufocar un incendio declarado na planta baixa das torres abandonadas.

Méndez asegurou que desde o equipo de goberno seguirán tomando medidas de seguridade para que a xente non poida acceder á zona. Unhas medidas que en moitos casos “se vulneran”, polo que insiste en concienciar que se trata dun perigo.

“Seguiremos dando pasos para evitar que as persoas poidan penetrar no edificio ata que non finalice o último mandato, que é o derrubamento das torres. Os técnicos están a valorar a mellor opción porque xa fora perimetrado e valado e trátase de buscar o equilibrio entre unha medida provisional e unha solución ata que non se produza o derrubamento das mesmas”, explicou.

ÚLTIMAS

O BNG propón destinar os 250 millóns de Altri a un plan para revitalizar as comarcas da Ulloa, Ulla e Arousa

A líder do BNG, Ana Pontón, propón que "os 250 millóns de euros que o...

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...