InicioSociedadeA apertura do novo auditorio de Lugo, pendente da subministración eléctrica

A apertura do novo auditorio de Lugo, pendente da subministración eléctrica

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, agarda que poida abrir en setembro, pero pídelle ao Concello axilidade nos trámites restantes. Todo o demais "está terminado", asegura.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, pediulle ao Concello de Lugo máis axilidade á hora de tramitar “o enganche” da subministración eléctrica, porque asegurou que a apertura do novo auditorio da cidade, despois dun investimento que superou os 20 millóns de euros, está só pendente dese trámite.

“Estamos a esperar a que o Concello de Lugo nos chame para dicirnos que fixo os trámites para o enganche da subministración eléctrica”, dixo a conselleira antes de participar nunha reunión con alcaldes de Lugo para informalos sobre o programa de axudas para Áreas de Rehabilitación Integral.

Ángeles Vázquez asegurou que “o auditorio está totalmente terminado e mesmo se “fixeron todas as probas necesarias” no equipamento instalado pola empresa concesionaria. “Para entregar o auditorio, teñen que estar os enganches feitos. Notificóuselle en varias ocasións ao Concello de Lugo. Eu mesma o fixen cunha carta formal e institucional o pasado 5 de xullo, polo que espero que o axilicen e que o fagan canto antes”, dixo Vázquez.

Ao seu xuízo, “é unha pena que os lucenses non poidan gozar dese magnífico auditorio, no que investimos máis de 20 millóns de euros”. “Espero que no mes de setembro sexa unha realidade”, concluíu. EFE

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...