InicioSociedadeLicitan obras de mellora no centro de menores Santo Anxo de Rábade

Licitan obras de mellora no centro de menores Santo Anxo de Rábade

A Xunta destina case 302.000 euros para tales melloras, que se centrarán na eficiencia enerxética e na adaptación a persoas con mobilidade reducida.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Política Social destina preto de 302.000 euros para licitar as obras de mellora das instalacións do centro de menores Santo Anxo da Garda, en Rábade.

Os traballos centraranse na envolvente térmica do edificio, especialmente na fachada, na cuberta e na carpintería exterior. Tamén se mellorarán as instalacións interiores, algo para o que se renovarán os baños do primeiro andar e para o que se incorporará un aseo adaptado a persoas con mobilidade reducida.  O obxectivo é lograr unhas boas condicións para os residentes, visitantes e traballadores, así como modernizar unhas instalacións que datan do 1973 e que verán reforzada a súa eficiencia enerxética, entre outros cambios

O prazo de execución da obra será de catro meses. Pola súa parte, as empresas interesadas teñen ata o 24 de xullo para presentar ofertas e consultar documentación, pregos e características concretas.

CENTRO DE MENORES

O centro de menores Santo Anxo da Garda é unha instalación residencial de protección de menores, de titularidade e xestión pública. Trátase, pois, dun centro de reeducación no que se acollen persoas de menos de 18 anos que estean baixo a garda ou a tutela da administración pública (debido á situacións de risco ou desamparo no núcleo familiar).

Neste caso, son mozos e mozas de 14 anos ou máis, que requiren dun tratamento especializado por presentar problemas de conduta que dificultan a convivencia con rapaces máis novos  noutros .centros

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Prosegue a procura da anciá de 85 anos desaparecida hai unha semana no barrio de Montirón

A Policía Nacional continúa dirixindo a procura de Isaura, a anciá de 85 anos que non volveu...

O PP de Lugo pide ao Goberno aclarar se abrirá este verán un novo tramo da A-54

Os senadores do PP de Lugo --José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano-- pediron...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...