InicioSucesosO TSXG decidirá este luns sobre o recurso contra a prisión permanente...

O TSXG decidirá este luns sobre o recurso contra a prisión permanente revisable da nai que matou a súa filla en Muimenta

Pai e acusación popular piden que se manteña a condena.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acolle este luns 18 de xullo, ás 11,00 horas, a vista polo recurso contra a sentenza da Audiencia Provincial de Lugo que condenou, de acordo ao veredicto do tribunal do xurado, a prisión permanente revisable a Ana Sandamil polo asasinato da súa filla Desirée Leal de sete anos en maio de 2019.

Segundo trasladou o TSXG, a condenada participará na vista, que se celebrará na Sala do Civil e Penal, por videoconferencia. Está previsto que na vista se revisen e examinen os argumentos que no seu día se motivaron por parte da Audiencia Provincial de Lugo para esta condena máxima despois de que un xurado popular declarase culpable da morte da pequena en maio de 2019 a Ana Sandamil.

A ACUSACIÓN ESPERA QUE SE MANTEÑA A CONDENA

O avogado da acusación popular que exerce a Fundación Amigos de Galicia, Francisco José Lago, avanzou que manterán “o mesmo, de oposición ao recurso de apelación que formulou a defensa”. “Nós xa nos opuxemos ao recurso”, lembrou.

Así mesmo, para Lago Calvo a sentenza emitida pola Audiencia de Lugo “está perfectamente axustada a dereito, que é como debe de ser”, afirmou. “Nós manteremos as nosas posicións e discutiremos as alegacións da defensa”, abundou.

O avogado interpreta que a defensa de Sandamil “discutirá a afectación sicolóxica, a situación síquica que tiña a autora, Ana Sandamil Novo”. Esta mesma semana, o pai da menor asasinada, José Manuel Leal, asegurou que espera que “se siga mantendo a condena imposta de prisión permanente revisable”.

“Non vexo ningunha circunstancia para que se modifique a condena. A sentenza é clara, de feito o xurado a maioría menos un, votaron a favor desa condena. O que pasa é que un sempre está con esa incerteza e ata que pase o proceso non estarei tranquilo. Oxalá siga todo igual”, desexou.

O xuízo polo asasinato de Desirée celebrouse nas primeiras semanas de febreiro deste ano, onde se constataba que a pequena morrera por asfixia o mesmo día que a tiña que recoller o seu pai dentro do réxime de visitas establecido con Sandamil.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...