InicioSociedadeLugo camiña cara a erradicación de novos casos covid

Lugo camiña cara a erradicación de novos casos covid

Nas últimas 24 horas só se deu un novo contaxio na provincia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia arrinca esta semana cun descenso dos novos contaxios de Covid-19 a 14, a menor cifra desde o inicio do outono e da ‘nova normalidade’, mentres que os pacientes ingresados aumentan a 47 –tres máis–. Os casos activos deste coronavirus baixan a 502 e a taxa de positividade cae a un 0,5 por cento.

Segundo os datos publicados na mañá deste luns pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 do domingo, mantéñense 10 persoas ingresadas pola Covid-19 en UCI e ascenden a 37 os ingresados noutras unidades –tres máis–, mentres que 455 pacientes permanecen en seguimento domiciliario. Por áreas sanitarias, a de Lugo conta con tres ingresados por este coronavirus en UCI e catro noutras unidades.

MENOS CASOS ACTIVOS

Por outra banda, Galicia arrinca esta semana coa primeira ponte –a do 12 de outubro– sen restricións de mobilidade pola Covid-19 con 502 casos activos, que supoñen 32 menos que a xornada anterior, ao haber máis altas (46) que contaxios (14). As infeccións activas baixan en Lugo (-8) que queda con 73 casos activos.

DESCENSO DE CONTAXIOS

En canto aos novos contaxios de Covid-19 caen a 14 no conxunto de Galicia no inicio desta semana, o que supón 15 menos que os 29 cos que finalizou a anterior, e representan a cifra máis baixa desde que entrou Galicia en niveis de ‘nova normalidade’.

Todos eles foron positivos detectados por Proba de Detección de Infección Activa nas últimas 24 horas, deles só un novo caso corresponde á provincia de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...