InicioBierzoA falta de actividade no rural está detrás da maioría dos incencios...

A falta de actividade no rural está detrás da maioría dos incencios no Bierzo

Ao despoboamento únese tamén á falta de gandería e dos usos tradicionais do monte como favorecedores dos grandes incendios.

PUBLICADA O

- Advertisement -
O despoboamento do medio rural está detrás dos grandes incendios forestais que se rexistran no Bierzo (León), unha das zonas máis castigadas de España por este tipo de sinistros durante os últimos anos. É unha das conclusións á que chegou un grupo de científicos procedentes das universidades de León, Santiago de Compostela, Valladolid e Valencia, que revisan, desde o campus de Ponferrada (León), como habilitar estratexias para evitar o lume e acometer a rexeneración dos espazos afectados polas chamas.
Fireseves é o nome do proxecto que custeou o Ministerio de Transición Ecolóxica e a UE.
Os expertos analizaron tres casos concretos, un deles o de La Cabrera (León), que en 2017 arrasou máis de 9.000 hectáreas baixo as chamas. Segundo explicou a profesora de Ecoloxía da Universidade de León Leonor Calvo “o despoboamento e non usar o medio rural é un condicionante para que se acumule combustible e iso fai que os incendios sexan maiores e, nas poboacións rurais os veciños teñen a sensación de estar abandonados”. Ao despoboamento únese tamén á falta de gandería e dos usos tradicionais do monte como favorecedores dos grandes incendios. Segundo o profesor Jaime Baeza, “o problema é o despoboamento e que os ecosistemas seguen unha dinámica lóxica, recuperando o combustible”.
Desde Galicia, a profesora Mercedes Casal recoñece que os incendios, como novidade, achéganse cada vez máis ás cidades e chegan aos seus límites como xa pasou no caso de Vigo en outubro de 2017. “Iso engade problemas de extinción e alerta á sociedade urbana que non está afeita ter os incendios á porta“, recalcou. O proxecto culmina en 2021, cando os expertos presentarán as súas propostas para limitar os danos dos lumes, pero xa de inicio solicitan que se invista máis diñeiro en realizar devasa e, sobre todo, que se tente incrementar a concienciación social para limitar os incendios

  • Copiar

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

O BNG reclama melloras da N6 no seu paso pola provincia de Lugo

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de iniciativas parlamentarias...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...