InicioPolíticaO PP acusa a Caballero de "usar" a Tomé ante a súa...

O PP acusa a Caballero de “usar” a Tomé ante a súa “incapacidade para facer oposición a Feijóo”

Refírese ás declaracións do presidente provincial este mesmo martes a fío da data electoral, sobre a que dixo que obedece a unha "estratexia" de Feijóo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O portavoz do PP na Deputación de Lugo, Javier Castiñeira, lamenta que o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero “use” ao presidente provincial, o socialista José Tomé, “ante a súa incapacidade para facer oposición” a Alberto Núñez Feijóo.

Así se pronuncia o popular lucense a través dunha nota de prensa, despois das declaracións de José Tomé este mesmo martes a fío da data electoral. Para o presidente provincial, esa decisión “obedece máis ben a unha estratexia” do PPdeG e de Feijóo que “a unha necesidade” dos galegos nestes momentos.

Neste contexto, Javier Castiñeira dixo que “sería lamentable” que un home “coa experiencia política” de José Tomé “caese ao nivel demostrado” polo líder do PSdeG. “O señor Caballero non se aclara, vive nunha contradición permanente instalado nunha realidade virtual que pouco ou nada ten que ver coa realidade dos galegos”, engade.

Ademais, o portavoz popular na Deputación lucense cre que isto é froito de que Caballero “como oposición non ten capacidade para enfrontarse a debates” co presidente do PPdeG e da Xunta, e “moito menos para competir electoralmente”. Por iso “bota man, cando pode, de Tomé para tentar dar ás súas mensaxes a credibilidade que saben que non ten”.

Castiñeira, sobre a data electoral, di que “a inmensa maioría” dos galegos saben que Feijóo “non tomaría ningunha decisión con posibilidades de polos en perigo”. “E tamén saben, despois de ver como actúa o Goberno de Pedro Sánchez, que os socialistas non son nada fiables”, continúa.

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Prosegue a procura da anciá de 85 anos desaparecida hai unha semana no barrio de Montirón

A Policía Nacional continúa dirixindo a procura de Isaura, a anciá de 85 anos que non volveu...

O PP de Lugo pide ao Goberno aclarar se abrirá este verán un novo tramo da A-54

Os senadores do PP de Lugo --José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano-- pediron...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...