InicioPolíticaA Deputación aproba o Plan Único, que inclúe dez millóns para paliar...

A Deputación aproba o Plan Único, que inclúe dez millóns para paliar a crise da Covid-19

O orzamento total supón uns 21'3 millóns de euros a repartir entre os 67 concellos da provincia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación Provincial de Lugo aprobou na xornada deste xoves o Plan Único cunha inxección de 21,3 millóns de euros que serán repartidos polos 67 concellos da provincia. Esta medida permitirá aos municipios usar parte deses fondos para paliar a crise económica debido á paralización da actividade polo coronavirus.

Da cantidade total, máis de dez millóns serán destinados unicamente a facer fronte ás contixencias derivadas da crise da Covid-19. “Este é un plan ambicioso e necesario para manter a economía da provincia”, subliñou o presidente do ente provincial, José Tomé, en declaracións a Europa Press.

“O MOMENTO DE ARRIMAR O OMBREIRO”

O Plan foi aprobado nun pleno celebrado de forma telemática, onde o máximo mandatario provincial destacou que “non é momento de facer política, senón de axudar e arrimar o ombreiro entre todos”. Por iso, José Tomé tendeu a man á Xunta de Galicia para “todo o que necesiten desde o organismo autonómico”.

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Prosegue a procura da anciá de 85 anos desaparecida hai unha semana no barrio de Montirón

A Policía Nacional continúa dirixindo a procura de Isaura, a anciá de 85 anos que non volveu...

O PP de Lugo pide ao Goberno aclarar se abrirá este verán un novo tramo da A-54

Os senadores do PP de Lugo --José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano-- pediron...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...