InicioPolíticaG. Caballero promete pór en marcha o Museo da Romanización nun prazo...

G. Caballero promete pór en marcha o Museo da Romanización nun prazo de seis meses se chega á Xunta

O candidato do PSdeG á Xunta e a alcaldesa criticaron que Feijóo "non fixo os deberes" na cidade, onde "non inaugurou ningunha obra" en once anos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, comprometeuse a “pór en marcha” en seis meses o Museo da Romanización na cidade en caso de que alcance o goberno da Xunta.

Nunha visita a Lugo e acompañado pola alcaldesa, o socialista tamén anunciou que “desatascará o Plan Paradai para darlle a esta cidade un urbanismo que chegue a todos os barrios”, ademais de prometer abordar “materia pendente da rolda Este”. Caballero asegurou que o PSdeG vai “cumprir”, porque “Lugo merece esa aposta”. “Se non hai un impulso da cidade, a Galicia interior perde o motor tractor fundamental para o desenvolvemento e benestar da provincia”, afirmou.

“OS DEBERES QUE NON FIXO FEIJÓO”

En precampaña electoral, o tamén secretario xeral do PSdeG presumiu de compromiso con Lugo fronte aos “deberes que non fixo Feijóo”. “Feijóo gobernou 11 anos e nese tempo non puido inaugurar unha soa obra de relevancia feita pola Xunta nesta cidade. Abandonou o compromiso con esta cidade e dedicouse a buscar a súa estratexia de velocidade cara a ningún lado”, lamentou.

Por outro lado, G. Caballero tamén aproveitou para asegurar que Feijóo “leva escrito na súa fronte Partido Popular” con todo o que iso implica. “Cando o PP da Gürtel tiña unha condena, Feijóo aplaudía a Rajoy; cando o PP de Andalucía pacta coa ultradereita de Vox; Feijóo di que é o que había que facer; cando o PP vota en Madrid e en Santiago contra a lei de eutanasia e o dereito a regular a morte digna; Feijóo asúmeo e aplaude”, censurou.

APOIO DE LARA MÉNDEZ

Pola súa banda, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mostrouse convencida que o futuro presidente da Xunta será Gonzalo Caballero ao considerar que “a cidadanía esta demandando un cambio”.

“É necesario un cambio para que as cidades volvan estar na folla de ruta da Xunta de Galicia. En once anos Feijóo non tivo capacidade de inaugurar nada na nosa cidade. Cando falamos de nada, é nada”, resolveu.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo solicita unha prórroga para presentar alegacións ao Plan de Mobilidade

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo solicitou ao goberno local,...

A Semana Santa de Lugo sairá á rúa con 12 procesións e o apoio da Deputación

O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...

Declaración de Praia, reforzo entre mandatarias locais de Galicia, Cabo Verde e Mozambique

O II Encontro Internacional de Mulleres Electas ‘As Elixidas’, celebrado na cidade de Praia,...

Denuncian novo colapso nas Urxencias do HULA

Celadores e celadoras do HULA denuncian un novo colapso nos corredores das Urxencias do...