InicioPolíticaJosé Tomé, sobre o adianto electoral: "Feijóo pensou no seu ben e...

José Tomé, sobre o adianto electoral: “Feijóo pensou no seu ben e non no de Galicia”

O presidente da Deputación de Lugo cre que o PSdeG da actualidade goza das "mellores condicións" en quince anos, cando gañou Touriño. Considera que o 5-A será unha "ocasión importante" para lograr "un cambio en Galicia".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, acusou a Alberto Núñez Feijóo de “pensar nel e non en Galicia” coa súa decisión de adiantar as eleccións ao 5 de abril. Así e todo, o monfortino deixou claro que ve o seu partido, o PSdeG, “no mellor momento” para chegar ao Goberno da Xunta.

“Feijóo sempre dicía que tiña un goberno estable, que había que esgotar as lexislaturas, que era un exemplo de estabilidade… E agora fai o contrario de todo o que dicía neste tempo. Así que convocou as eleccións pensando no ben do PP, no seu propio ben e non de Galicia”, manifestou o presidente provincial na rolda de prensa posterior á xunta de goberno local.

Sobre as posibilidades do PSdeG, o tamén alcalde de Monforte asegurou que o seu partido está “nas mellores condicións” dende hai quince anos, “desde que gañou Touriño”. “Estamos nunha boa posición orgánica, hai unha gran unidade dentro do partido, temos candidato, temos un programa”, enumerou. Ademais, segundo afirmou Tomé, “os estudos” que manexan no partido “confirman” a “tendencia á alza” dos socialistas.

UN “CAMBIO A GALICIA”

O presidente provincial enfronta este período como unha “ocasión importante para darlle un cambio a Galicia” tras unha década de goberno popular. En democracia, “o PP gobernou 33 anos e agora leva tres mandatos seguidos”, lembrou. “Polo tanto, falar dos problemas de Galicia é falar do PP”.

Así pois, sostén que a intención do PSdeG é reverter esa evolución e “facer novas políticas”, pois as de Feijóo “non deron resultados”. “Hai que ver o que fixo estes días Feijóo, que saca unhas subvencións para o rural e recorta ao redor dun 30 por cento o que ía destinado aos concellos. É unha auténtica vergoña”, concluíu.

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Prosegue a procura da anciá de 85 anos desaparecida hai unha semana no barrio de Montirón

A Policía Nacional continúa dirixindo a procura de Isaura, a anciá de 85 anos que non volveu...

O PP de Lugo pide ao Goberno aclarar se abrirá este verán un novo tramo da A-54

Os senadores do PP de Lugo --José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano-- pediron...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...