InicioPolíticaBalseiro solicita unha reunión urxente con Lara Méndez para a cesión do...

Balseiro solicita unha reunión urxente con Lara Méndez para a cesión do novo auditorio

O delegado provincial da Xunta di que "non ten sentido seguir demorando este trámite" logo de que a Administración xa cumprira con todo o que debía facer.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Catro anos despois de que se rematara a obra do novo auditorio de Lugo, o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, vén de remitir unha carta á alcaldesa na que lle solicita unha entrevista “á maior brevidade posible” para facer efectiva a cesión e entrega da infraestrutura a favor do Concello.

Segundo explicou o propio Balseiro, nesa carta explica que a Xunta xa cumpriu todos os compromisos adquiridos no convenio de colaboración asinado entre ambas administracións e, polo tanto, “non ten sentido seguir demorando este trámite”.

Nesa liña, o delegado provincial precisou que xa remataron as xornadas de formación sobre o manexo do equipamento escénico do auditorio para o persoal técnico designado polo Concello, así que insta aos responsables municipais a “ser áxiles” neste último paso para que a cidadanía poida desfrutar das instalacións.

“PRINCIPAL INFRAESTRURA CULTURAL DA PROVINCIA”

Así, “Lugo podería contar coa que aspira a converterse na principal infraestrutura cultural da cidade e da provincia, e unha das máis importantes de Galicia e España, tanto polas súas características como polo investimento realizado, que supera os 22 millóns de euros“, presumiu Balseiro.

Entre esas características, cabe destacar que o auditorio contará con dúas salas, unha de 900 prazas e outra con 300. Ademais, terá un sistema de vídeo e son profesionais, iluminación, maquinaria escénica, sistemas de tradución simultánea, equipamento de cinema dixital e proxectores.

+ posts

ÚLTIMAS

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

O poemario “Agora, eu cariota” preséntase no Club de Lectura de Lugo

A presentación do poemario "Agora, eu cariota" no Vello Cárcere de Lugo contará coa...

Rueda “define” o xornalismo de proximidade como “preguntar, escoitar e contrastar” na entrega dos Puro Cora

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou este xoves na entrega do XXXIII Premio...

Case 400.000 euros para a mellora de estradas en Palas de Rei e A Pastoriza

A Deputación de Lugo aprobou este venres un investimento de 373.028,38 euros para a...