InicioPolíticaO PP ve "autoritaria" e "machista" a actitude de José Tomé con...

O PP ve “autoritaria” e “machista” a actitude de José Tomé con respecto a Elena Candia

Critican que o presidente da Deputación estivese "emparapetado detrás dun cronómetro" durante o pleno do martes, no que se pretendía aclarar o futuro das residencias de maiores.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- O grupo provincial do Partido Popular na Deputación de Lugo considera que o presidente da institución, o socialista José Tomé Roca, mostrouse “autoritario e mesmo machista” no seu discurso final do pleno deste martes, dirixido á portavoz popular Elena Candia.

Segundo sinalou o viceportavoz dos populares, Javier Castiñeira, no seu grupo víronse “sorprendidos polo autoritarismo, e mesmo machismo, que o político socialista demostrou durante a súa intervención final”, tras a que restrinxiu o uso da palabra a unha Candia que quixo responder “por alusións”. 

Ante este intento de resposta, “máis que xustificado e por alusións explícitas” -segundo indicou Castiñeira-, o presidente do organismo provincial advertiu a Candia de que, por moito que premese o botón do micrófono, non tiña a quenda de palabra debido a que o debate xa rematara. “A lei di que pode pedila, e o presidente pode darlla, pero non facelo”, sinalou Tomé.

ACÚSANO DE AUTORITARISMO

Castiñeira indicou que “a importancia dun presidente non é ir cun látigo, senón xestionar”, unha faceta da que “adoece” o actual presidente provincial, segundo sinalou o viceportavoz popular. “O único que fixo ata o día de hoxe é sentar na súa cadeira de brazos a cambio de deixar polo camiño a compañeiros seus como o expresidente Darío Campos”, sentenciou Castiñeira.

Debido a esta actitude mostrada por Tomé, os populares aseguraron notar “un retroceso na participación democrática, no diálogo e na transparencia” da institución provincial. Así mesmo, criticaron o presidente socialista por permanecer durante toda a sesión plenaria “emparapetado detrás dun cronómetro”.

SEGUIRÁN EN ALERTA POLAS RESIDENCIAS

Os populares tamén insistiron en que seguirán “de preto” as xestións que emprenda o goberno provincial respecto do funcionamento das residencias da terceira idade. “Aínda que o presidente dixo que si as faría”, os deputados do bipartito (dez do PSdeG-PSOE e tres do BNG) votaron “en contra” da proposta da oposición. EFE

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...