InicioPolíticaOrozco di estar "moi contento" tras a súa última desimputación xudicial

Orozco di estar “moi contento” tras a súa última desimputación xudicial

A xuíza Pilar de Lara decretou o sobresemento provisional na causa aberta polo nomeamento dunha letrada municipal. Tamén Lara Méndez estaba implicada.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O exalcalde de Lugo Xosé López Orozco mostrouse “moi contento” tras o sobresemento provisional da denuncia de CSIF por un nomeamento no Concello , polo que suma sete arquivos por outras tantas investigacións.

A titular do Xulgado de Instrución número 1 de Lugo, Pilar de Lara, decretou o sobresemento provisional da causa aberta tras a denuncia imposta polo sindicato CSIF polo nomeamento do posto de letrado asesor do Concello. Estaban implicados a alcaldesa, Lara Méndez, e o seu predecesor, o socialista Xosé López Orozco.

Aínda que se confesou “moi contento” sinalou que “non se tiña que chegar a este extremo, pero así está a Xustiza e así está o comportamento que ten a Xustiza comigo“, manifestou.

Orozco confía en que dito sobresemento tamén se produza sobre as outras dúas investigacións nas que está imputad: a urbanización do Garañón e a peza do guindastre da ‘Pokémon‘, instrucións xudiciais que leva tamén Pilar de Lara. Sobre a segunda destas causas, asegurou que non sabe “nin sequera” onde está, “se no Supremo ou en Lugo”.

En canto ao Garañón, Orozco lembrou que os seus avogados tamén solicitaron o “arquivo”. “Cos mesmos argumentos que utiliza a xuíza para arquivarme este tema, segundo os meus propios avogados”, matizou. “Por iso causa certa perplexidade esta causa, porque son os mesmos argumentos que no seu día expuxeron os meus avogados para pedir o arquivo do Garañón“, concluíu.

O ex alcalde de Lugo, que xa no seu día chanceou con que era o “campión” das desimputaicións, suma unha nova á espera de que tamén se poida resolver en breve o arquivo das outras dúas causas que aínda pesan sobre el -a do guindastre na ‘Pokémon’ e a urbanización do Garañón-.

ÚLTIMAS

Conduce unha moto de reparto de comida sen luces pola Avenida da Coruña sen ter carné nin contrato de traballo

A Policía Local de Lugo denunciou ao condutor dun ciclomotor que repartía comida a domicilio e...

O PPdeG acusa a PSOE e BNG de apostar pola privatización nas residencias de Lugo

O PPdeG acusa a PSOE e BNG dun "modelo privatizador" nas residencias da provincia...

Condenada por trapichear con dous gramos de cocaína en Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano e medio de cárcere a...

Detidos os dous membros dunha parella por agredirse mutuamente en Lugo

A Policía Local de Lugo detivo na madrugada do martes aos dous membros dunha...