InicioPolíticaSemana decisiva na Deputación de Lugo sen que aínda haxa acordo PSOE-BNG

Semana decisiva na Deputación de Lugo sen que aínda haxa acordo PSOE-BNG

Socialistas e nacionalistas deben porse de acordo para que o alcalde de Monforte, José Tomé, acceda á Presidencia provincial

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo celebrará o xoves desta semana, ás 12,00 horas, o seu pleno de constitución e a investidura do que será o seu próximo presidente. As dúas candidaturas xa coñecidas son as do alcalde socialista de Monforte, José Tomé, e a da rexedora de Mondoñedo e presidenta do PP provincial, Elena Candia.

A pesar de que os populares son a primeira forza na corporación provincial tras as eleccións do pasado 26 de maio, a experiencia das deputacións de Pontevedra e A Coruña, que acaban de renovar o bipartito de socialistas e nacionalistas, apunta a que a de Lugo seguirá nesta mesma liña.

Aínda que fontes do PSOE lucense indican que, polo momento, non hai ningún pacto similar para formar un cogoberno xunto co BNG, os nacionalistas si que se mostraron dispostos a chegar a un acordo para evitar que o PP se faga coa Presidencia da institución.

Ao longo da pasada semana, o portavoz en funcións do Bloque na Deputación, Xosé Ferreiro, deixou claro que “en principio” a súa formación ten “a obrigación de facerlle caso” á súa “base social” para “explorar outro tipo de gobernos progresistas” e “máis asentados na esquerda”.

Así respondía á proposta trasladada polos populares, encabezados por Elena Candia, quen pedíu por escrito ao resto de grupos que non impidan un goberno do PP, que foi a primeira forza con 12 deputados, fronte aos 10 do PSOE e tres do BNG.

A presidenta do partido a nivel provincial decidiu presentarlles a socialistas e nacionalistas o seu proxecto “para gobernar” a institución. Deste xeito, Candia criticou que as outras formacións “nin tan sequera contan cun acordo que lles permita gobernar xuntos, pese á vez que pasou desde os comicios”.

PRIMARIAS DO PSOE

Pola súa banda, o PSOE lucense encaran o reto de dirixir a Deputación en plena renovación de filas, posto que tras a dimisión do seu secretario provincial, Álvaro Santos, disputaranse o liderado a deputada autonómica Patricia Otero e o alcalde de Castroverde, José María Arias, nunhas primarias que concluirán o próximo día 27.

Os socialistas tamén renovan a candidatura á Presidencia do goberno provincial despois de que Ferraz confirmase que o que foi presidente os case últimos catro anos, Darío Campos, quen ademais contaba co apoio de Álvaro Santos, non sería o candidato.

O lugar Campos ocuparao o alcalde de Monforte, José Tomé, quen foi acaparando apoios entre os edís socialistas da provincia desde a celebración dos comicios locais e xa avanzou que abrirá unha “nova etapa” na Deputación tras catro anos “moi convulsos”. Con todo, e a pesar de que todo parece indicar que haberá acordo, os socialistas lucenses necesitan os tres escanos do BNG para alcanzar de novo a Presidencia provincial.

ÚLTIMAS

Ainhoa Arteta inaugura coa súa potente voz e ante un cheo total o novo Auditorio Fuxan os Ventos de Lugo

Tras oito anos de espera, este venres abriu as súas portas o novo auditorio...

O luns abre o prazo para apuntarse nas actividades da Reserva Terras do Miño

A Deputación de Lugo abrirá o vindeiro luns o prazo para inscribirse nas novas actividades ambientais...

Denuncian un home en Lugo por levar un martelo-machete de cociña e un coitelo na vía pública

Axentes da Policía Local de Lugo identificaron e denunciaron a un home que portaba...