InicioPolíticaO secretario de Organización do PSdeG pilotará temporalmente o partido en Lugo...

O secretario de Organización do PSdeG pilotará temporalmente o partido en Lugo para atallar a crise

José Antonio Quiroga será o encargado de dirixir o partido en Lugo ata a elección dunha nova executiva provincial.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario de Organización do PSdeG, José Antonio Quiroga, será o encargado de dirixir o partido en Lugo ata a elección dunha nova executiva provincial tras a dimisión este luns do secretario provincial, Álvaro Santos.

Quiroga manifestou o seu respecto ante unha decisión “persoal” e agradeceu a Santos o traballo do último e medio. Ademais, desexoulle éxitos na súa tarefa como edil do Concello de Lugo.

Así mesmo, sinalou que, como consecuencia da renuncia, a dirección galega do PSdeG actuará con “total normalidade” dentro das competencias que lle atribúen os estatutos e constituirá unha xestora que estará pilotada por Quiroga.

De cara ao futuro, o secretario de Organización sinalou que nas últimas xornadas recibiu información dos distintos partidos xudiciais da provincia, na que a “inmensa maioría” de edís aposta por “unha etapa de fortalecemento e futuro no partido e na Deputación”.

En concreto, Santos presentou este luns a súa dimisión nunha rolda de prensa na que recoñeceu non ter “boa sintonía” coa dirección galega do partido. Precisamente, as desavinzas coa executiva galega que encabeza Gonzalo Caballero materializáronse nun conflito pola presidencia da Deputación de Lugo. Así, mentres Santos apoia que o alcalde da Pontenova, Darío Campos, siga á fronte da Deputación, outros sectores do partido apoian para o posto o alcalde de Monforte, José Tomei.

“FORTALEZA” DO PSDEG

Quiroga destacou o “perfecto funcionamento e a fortaleza” do PSdeG que, en “plena sintonía” cos órganos federais, seguirá traballando cunha “nova maioría social en Galicia”.

Por último, o secretario de Organización sinalou que, despois dos “éxitos electorais” nas últimas eleccións, “é o tempo de apostas colectivas”, en coordinación coas direccións galega e federal do partido para dar ao país “o impulso que necesita”.

Álvaro Santos dimite como secretario provincial do PSOE en Lugo

ÚLTIMAS

O BNG propón destinar os 250 millóns de Altri a un plan para revitalizar as comarcas da Ulloa, Ulla e Arousa

A líder do BNG, Ana Pontón, propón que "os 250 millóns de euros que o...

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...