InicioA UlloaO PSOE de Monterroso leva ao TSXG un voto nulo que lle...

O PSOE de Monterroso leva ao TSXG un voto nulo que lle fai perder as Municipais

O alto tribunal galego resolverá antes do 5 de xullo, data límite para constituir a corporación do Concello de Monterroso.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PSOE de Monterroso presentou este luns un recurso contencioso na Xunta Electoral de Chantada para que sexa o TSXG (Tribunal Superior de Xustiza Galego) o que valore e decida sobre un voto nulo nas Eleccións Municipais.

O Secretario da agrupación local e candidato á alcaldía, Rafael García, informou que os socialistas presentaron no día de hoxe toda a documentación necesaria para que o tribunal decida a validez de dito voto. Previsiblemente, o alto tribunal galego resolverá antes do 5 de xullo, data límite para constituír a corporación do Concello de Monterroso.

Os socialistas de Monterroso pediron que sexa ao TSXG o que decida despois de que a Xunta Electoral Central (JEC) tombase a pasada semana os seus recursos que reclamaban a validación dun voto declarado nulo. Con esta decisión, mantense o empate a 798 sufraxios entre os socialistas e Independentes por Monterroso.

Así as cousas, é a Xunta Electoral de Chantada quen debía decidir se fai un sorteo -como ocorreu no municipio dos Blancos (Ourense) fai oito anos- ou se mantén o criterio de mesas gañadas, que actualmente lle outorga a Independentes por Monterroso un edil máis provisional. Os independentes gañaron en tres mesas, polo que se lles outorgaría a vitoria, segundo fontes de partidos consultadas por Europa Press.

Ante esta resolución cabía o recurso agora presentado e a través do que os socialista continúan pedindo a validación dunha papeleta ao seu favor que foi introducida na urna das municipais dentro do sobre azul, correspondente ás eleccións europeas que tamén se celebraron o pasado 26 de maio.

RESOLUCIÓN ANTERIOR

Con todo, a JEC sinalou no seu fallo que a papeleta declarada nula pola mesa non foi introducida na acta de sesión, na que tampouco figura “o motivo da nulidade nin a que candidatura” correspondía o sufraxio anulada.

A xunta tamén apuntou que dita acta non recolle “protesta ningunha” formulada pola interventora da candidatura do PSOE “que puidese constituír unha proba” de que tal voto nulo correspondía ao partido que representaba e de que “este fose declarado nulo por ser introducido no sobre azul das eleccións europeas”.

“Por tanto, faltando no expediente a proba da papeleta do voto nulo, non se pode na estreita marxe deste procedemento comprobar que tal voto nulo correspondese a unha papeleta da candidatura do PSdeG-PSOE, nin tampouco que este fose declarado nulo por ser introducida no sobre azul das eleccións europeas”, resuelvió a JEC.

Deste xeito, a JEC mantivo o criterio establecido na Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (LOREG) que determina que “é voto nulo o voto emitido en sobre ou papeleta diferente do modelo oficial”.

Tamén tombou o recurso dos Independentes, que pedían que no caso de que se validase o voto reclamado polos socialistas fose aceptado un sufraxio ao seu favor declarado como nulo por presentar unha rasgadura na parte superior da papeleta.

A xunta considera que a agrupación de independentes que lidera o exregidor socialista Antonio Gato presentou este recurso “a modo de reconvención” despois da reclamación presentada polo PSOE.

ÚLTIMAS

A Plataforma Ulloa Viva constata en Bruxelas que España non solicitou fondos europeos para a fábrica de Altri

A Plataforma Ulloa Viva concluíu a súa visita a Bruxelas para alertar dos impactos...

A Deputación dotará a 52 concellos de ferramentas tecnolóxicas a través do proxecto Impulsa TIC

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, anunciou na Fonsagrada o inicio do...

O BNG promove unha campaña para demandar ao Goberno melloras nas infraestruturas viarias de Lugo

O BNG de Lugo iniciou unha nova campaña para reclamar o arranxo das estradas...

Greenfiber reitera que Altri “non cambiará as condicións do Ulla” e alega que o estudo de Ence “non está actualizado”

Greenfiber, formada pola enerxética Greenalia e a multinacional lusa Altri, reiterou este martes que...