InicioAncaresManuel Martínez, que pactou co PP na Deputación, confesa que votou ao...

Manuel Martínez, que pactou co PP na Deputación, confesa que votou ao PSOE

PUBLICADA O

- Advertisement -

O deputado non adscrito na Deputación de Lugo e alcalde de Becerreá, o exsocialsita Manuel Martínez, que investiu hai tres anos e medio a Elena Candia, do PP, como presidenta da Deputación de Lugo, confesou estes mates que nas pasas eleccións xerais votou ao PSOE a pesar de rexeitar o “sanchismo”.

Martínez militou durante máis de corenta anos no Partido Socialista, formación pola que foi deputado nacional nos anos 90. Con todo, na última lexislatura municipal foi expulsado do grupo provincial do PSOE de Lugo e do partido por apoiar iniciativas do PP na Deputación.

Neste contexto, o tamén alcalde do municipio lucense de Becerreá, decidiu crear unha marca propia coa que concorrer ás eleccións municipais do próximo 26 de maio, ‘Galicia Sempre’, siglas coas que presentará candidaturas en varias localidades.

Votei ao Partido Socialista para o Congreso, non ao sanchismo e votei a dous dos senadores do Partido Socialista, ao segundo e ao terceiro”, manifestou en referencia a Pilar García Porto e a José Luís Raposo. Así, non apoiou ao ‘número uno’ á Cámara alta por Lugo, César Mogo.

E é que, sobre este último, criticou que se “impoñan” candidatos “desde Madrid”, unha actitude que, segundo indicou, “contradí” a doutrina de Pedro Sánchez. “Estamos afeitos a que hoxe diga unha cousa e mañá a contraria”, manifestou para censurar que manden a “paracaidistas” a esta provincia.

+ posts

ÚLTIMAS

‘Sirat’ gaña o Mestre Mateo a Mellor Película

'Sirat' alzouse co premio a Mellor Película nos XXIV Premios Mestre Mateo e arrebatoullo...

Gala dos Mestre Mateo: a forza do talento galego reúnese en Lugo

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, asistiu este sábado á gala dos...

A Deputación participa na xornada de conmemoración do Día Mundial da Síndrome de Down

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, e o Deputado de Participación...

Localizado en Bóveda o ancián desaparecido da residencia DomusVi de Monforte

O octoxenario que faltaba da residencia DomusVi de Monforte desde a noite do pasado...