InicioComarca da FonsagradaA FonsagradaAsí queda o mapa electoral nos concellos de Lugo logo das eleccións...

Así queda o mapa electoral nos concellos de Lugo logo das eleccións xerais do 28 de maio

O PP perde a maioría absoluta en 28 e só a conserva en 7, mentres que o PSOE quítalle o primeiro posto en 23 e suma dúas localidades con maioría absoluta.

PUBLICADA O

- Advertisement -

PSOE arrebatou o primeiro posto ao PP en 99 concellos de toda Galicia nos comicios celebrados este domingo 28 de abril nos que, ademais, gañou en todas as cidades e por primeira vez desbancou da súa hexemonía aos populares en toda a Comunidade.

Os resultados electorais supuxeron tamén para o PP a perda de 108 maiorías absolutas en toda Galicia con respecto aos comicios xerais de 2016, tal e como revela a análise de datos do domingo electoral realizado por Europa Press. E desta situación non se libra Lugo.

De feito, o PP só conserva a maioría absoluta en oito concellos lucenses, mentres que o PSOE foi o máis votado noutros 25 concellos. Ademais, os socialistas lograron dúas maiorías absolutas; conservan a de Pedrafita e suman unha nova, a de Ribeira de Piquín. Dáse a circunstancia de que neste municipio Vox –que lidera Santiago Abascal– situouse como terceira forza política.

O PSOE

Así, en Lugo (con 67 concellos), o PSOE arrebata ao PP o primeiro posto en 23 localidades: A Fonsagrada, A Pontenova, Alfoz, Burela, Castroverde, Cervantes, Cervo, Foz, Láncara, Lourenzá, Lugo, Monforte de Lemos, Navia de Suarna, O Valadouro, Ourol, Pol, Rábade, Ribadeo, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Sarria, Trabada e Viveiro.

O PP perde a maioría absoluta en 28: A Pastoriza, Antas de Ulla, As Nogais, Baleira, Baralla, Barreiros, Becerreá, Bóveda, Castro de Rei, Cospeito, Folgoso do Courel, Meira, Monterroso, Muras, O Incio, O Páramo, O Saviñao, O Vicedo, Outeiro de Rei, Pantón, Portomarín, Riotorto, Samos, Sober, Taboada, Trabada, Triacastela e Vilalba.

Neste último, no que naceu o fundador do partido Manuel Fraga, expresidente da Xunta e exministro de Franco, o resultado deste domingo é o primeiro sen maioría absoluta nunhas xerais, despois de alcanzar porcentaxes de voto superiores ao 70% (en 1993 e en 2000) e tras caer ao 40,24% dos apoios. O PP conserva a maioría absoluta en oito concellos: Abadín, Begonte, Carballedo, Friol, Guntín, Palas de Rei, Paradela e Quiroga.

Ciudadanos

POla súa banda, Cs, que en toda Galicia foi cuarta e obtivo dous deputados pola Coruña e Pontevedra –Marta Rivera e Beatriz Pino, respectivamente–, conseguiu ser terceira forza en Lugo nun total de 17 concellos dos 67 concellos.

ÚLTIMAS

Nova oficina do SEPE en Lugo, pola que pasarán 27.000 veciños ao ano

A antiga Escola de Enfermaría de Lugo acolle a nova oficina do SEPE na...

Conmemoran a batalla do Porto de Bois e reivindican “Altri non”

Coincidindo coa xornada de conmemoración da batalla de Porto de Bois, xuntouse un grupo...

Lugo rexistra un terremoto de magnitude 3.6 que se fixo notar

Un terremoto de magnitude 3,7 na escala de Richter con epicentro en Sarria foi...

Un policía local de Lugo fóra de servizo practica un RCP e sálvalle a vida

Un policía local de Lugo que se atopaba fóra de servizo practicou unha manobra de...