InicioLugo e contornaLugoA Policía tramita denuncia por delito electoral aos impulsores dunha iniciativa cómica-humorística

A Policía tramita denuncia por delito electoral aos impulsores dunha iniciativa cómica-humorística

Varios veciños que portaban carteis humorísticos de kang e kodos foron identificados na madrugada deste domingo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Varios veciños foron denunciados pola Policía Nacional na madrugada deste domingo por pegar carteis que os axentes interpretaron que eran electorais e, polo tanto, incumprían a lei electoral.

Estes carteis forman parte dunha campaña cómico-humorística dun supostos candidatos extraterrestres, os líderes Kang e Kodos. Así, e tras rexistrar un vehículo, os axentes atoparon catro destes carteis e denunciaron as persoas que ían no coche por un posible “ilícito penal” no transcurso da “xornada de reflexión”.

“Dende a nosa organización política queremos denunciar este atentado ás liberdades da nosa especie por parte dos seres humanos a través da representación da súa autoridade”, apuntan os impulsores desta iniciativa nun comunicado.

Ademais, critican que, mentres que eles foron multados, na cidade de Lugo “aínda se poden atopar múltiples carteis doutras formacións políticas pagados con diñeiro dos súbditos da Coroa do que chamades España (Ciudadanos, BNG, En Común Podemos, En Marea, PSOE, PP, e un estraño ser a cabalo”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSdeG reclama á Xunta unha solución ante “a extrema gravidade” de Urxencias no HULA

A deputada do PSdeG Lara Méndez López vén de rexistrar no Parlamento unha iniciativa...

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...