InicioOpiniónDiario da desescalada: botar de menos o confinamento?

Diario da desescalada: botar de menos o confinamento?

"A normalidade non se me antoxa nada interesante e a nova normalidade tampouco. Parece que se trata de non saír nunca da zona de confort ou de non querer evolucionar ou cambiar".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Ana Belén Fernández |  Isto de ir desescalando ten o seu aquel, cando antes non escalamos. A desescalada vainos liberando pouco a pouco do encerro e por momentos dá esa falsa sensación de liberdade. Liberdade para camiñar cara a nova normalidade. Máis dunha persoa díxome que botaba en falta o confinamento e nalgúns momentos non me sorprende.

O coronavirus está sendo unha lección constante de humildade que non parece que queiramos entender. A sociedade busca respostas e solucións inmediatas para seguir facendo o que facía e tal como o facía.

Quérese volver á normalidade, pero seguimos sabendo pouco da COVID-19, porque cada día se transmite dunha maneira distinta, cada día desdise o que se dixo a semana anterior e espérase con estrés unha vacina como única solución para sentir que xa non hai perigo. A vacina sería a garantía total nunha sociedade que sempre quere garantías e solucións que lle veñan dadas. E aí debería de estar a OMS, organismo que ensina cada día a súa incapacidade e que precisa dunha reinvención urxente que demostre en que se invirten os cartos neste mundo.

Podes ler o artigo completo de Ana Belén Fernández no Xornal de Lemos. A peza forma parte dun ‘Diario de corentena  —agora ‘Diario de desescalada’— conxunto que se ha ir escribindo dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...