InicioOpiniónDía 43 de corentena: o aire que nos falta

Día 43 de corentena: o aire que nos falta

"Confinados na casa faltouvos o aire? A min non, e coa máscara si. Asfixia esa incapacidade de respirar aire puro e ese respirarte a ti mesmo mentres se che abafan as gafas, co olor a hospital de fondo".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Ana Belén Fernández |  Cando saímos da casa nesta crise sanitaria pídesenos que sexa por necesidade e mantendo o distanciamento social, usar luvas no caso de que sexa necesario e poñer máscaras nos casos nos que non se pode manter o distanciamento social. As máscaras apuntan a que van ser protagonistas do proceso de desescalada, cando case todos volvamos a estar na rúa.

(…)

O caso é que onte pola mañá ía saír mercar e quixen ir de estrea coa máscara, a que teoricamente te proxete a ti e aos demais de ti; 9 euros, creo que foron. Púxena na casa antes de saír para ver que pinta tiña. Despois dun minuto tiven que sacala, pódese respirar, pero eu afogo. Confinados na casa faltouvos o aire? A min non, e coa máscara si.

Podes ler o artigo completo de Ana Belén Fernández no Xornal de Lemos. A peza forma parte dun ‘Diario de corentena conxunto que se ha ir escribindo dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos. Agora que vai comezando a desescalada, xa coas crianzas pisando a rúa, esta bitácora vaise adaptando e publicarase os martes, xoves e domingos.

ÚLTIMAS

Gran desprendemento por mór das choivas na Torre de Torés, un BIC en estado crítico

As choivas caídas nas últimas semanas, unidas ao estado de deterioración da edificación, causaron...

O PP de Lugo denuncia que o Goberno central leva sete anos sen cubrir as prazas de médicos do ISM

Os senadores do PP de Lugo denunciaron que o Goberno de España mantén sen...

PSOE e BNG confían en aprobar os orzamentos de Lugo de 131,9 millóns nun pleno de incertezas

PSOE e BNG están convencidos de que os orzamentos para 2026, que foron presentados...

A Deputación arranxará o muro caído na estrada Lugo-Guntín

A Deputación arranxará de forma inmediata un muro da estrada provincial LU-P-2913, que une...