InicioMovementos sociaisA loita feminista chega á Semana Internacional de Cine de Autor de...

A loita feminista chega á Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo

'Tódalas mulleres que coñezo', documental lucense filmado por un equipo cen por cen feminino, cuestiona a masculinización do espazo público e a cultura da violación

PUBLICADA O

- Advertisement -

As mulleres como estranxeiras da rúa. Arredor desta idea pivota Tódalas mulleres que coñezo, unha discusión con forma de documental e tres partes acerca das violencias machistas, e como manteñen o espazo público como territorio masculinizado. A peza audiovisual foi dirixida por Xiana do Teixeiro e realizada por un equipo unicamente de mulleres, e chega agora á Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo.

Precisamente, a cidade amurallada foi o escenario principal da grabación, completada entre verán e outono de 2017. O documental recolle as voces de mulleres de distintas xeracións, e entre todas retratan o abismo de xénero que supón para elas moverse polo espazo público. A primeira longametraxe de Xiana do Teixeiro —Somos Plaga, Carretera de una sola dirección— tenta desmontar o mito da igualdade de xénero, explorando o alcance da cultura da violación.

A cinta estrearase en Lugo concursando na Sección Oficial da SICA. Con anterioridade pasou polas seccións equivalentes de Málaga, DocumentaMadrid –onde acadou o Premio Screenly á mellor longametraxe– e Vigo –premio do público na mesma categoría–. Nas vindeiras datas concursará no selecto festival Alcances de Cádiz, e terá a súa estrea internacional en poucas semanas no CinEspaña de Touluse.

Tódalas mulleres que coñezo poderá verse en salas comerciais este outono, aínda que xa percorre aulas de secundaria por todo o Estado en sesións cinematográficas participativas, pensadas especialmente para xoves. O documental está producido por Walkie Talkie Films, coa participación da Axencia Galega das Industrias Culturais  (AGADIC).

17 de setembro – 22.45 horas. Auditorio Gustavo Freire. Con presenza da directora Xiana do Teixeiro e as protagonistas do filme.

ÚLTIMAS

Falece un motorista nun accidente en Lugo

Un motorista de 27 anos, DNL, faleceu na mañá deste xoves nun accidente ocorrido no...

Elena Candia valora o compromiso da Xunta con Lugo, pero critica a falta de proxectos do alcalde

A portavoz do Partido Popular de Lugo, Elena Candia, valorou a reunión entre o...

Detida unha persoa e identificadas outras 31 nun dispositivo de inspección en locais de lecer en Lugo

Unha persoa foi detida e outras 31 identificadas no marco dun dispositivo de inspección...

Desatascar a praia fluvial e as obras da Rolda Este, compromisos acadados entre Xunta e Concello

A Xunta de Galicia e o Concello de Lugo alcanzaron compromisos, tras unha reunión conxunta mantida este martes,...