InicioSociedadeDetida unha persoa e identificadas outras 31 nun dispositivo de inspección en...

Detida unha persoa e identificadas outras 31 nun dispositivo de inspección en locais de lecer en Lugo

As actuacións, realizadas por Policía Local e Nacional, detectaron múltiples infraccións na normativa de espectáculos públicos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha persoa foi detida e outras 31 identificadas no marco dun dispositivo de inspección en locais de lecer en Lugo, a cargo de axentes da Policía Local e a Nacional. Foi na madrugada do domingo, día 29, cun control e inspección de diferentes locais de lecer, situados un deles na rúa Tui, outro no barrio da Milagrosa e outro na zona de Recatelo.

Por infracción á normativa de espectáculos públicos e actividades recreativas, en cuestións como carteis sobre prohibición de alcol a menores, carencia de licenza ou falta de documentación, levantáronse diversas actas. Tamén dúas por infracción á Lei de Seguridade Cidadá. No caso da detención, produciuse por un delito de atentado a axentes da autoridade, sendo trasladada a persoa a dependencias da Comisaría da Policía Nacional.

Noutra orde de cousas, o día 30, por desobediencia a axentes da Policía Local, denunciouse a dúas persoas sentadas nun banco do parque infantil do Sacro Corazón por estar nunha zona valada entorpecendo os traballos que había e por negarse a abandonar o lugar.

+ posts

ÚLTIMAS

Detido en Lugo un home que deambulaba alterado cun coitelo con restos de sangue

A Policía Nacional de Lugo abriu unha investigación para esclarecer o sucedido tras a...

Cortes durante case dúas semanas un tramo da estrada LU-P-2604 entre Xove e Valcarría

A Deputación de Lugo informou de que desde este luns, 7 de setembro, e...

A Deputación aproba case 400.000 euros para O Incio, A Ribeira de Piquín e o seu parque móbil

A Deputación de Lugo aprobou novos investimentos por preto de 400.000 euros destinados a...

Licitada a construción de 168 vivendas públicas en Lugo por case 30 millóns, destinadas á compra

A Xunta sacou este venres a licitación por 29,6 millóns de euros as obras...