InicioMovementos sociaisA Anpa de Baamonde denuncia novos pasos cara ao peche e privatización...

A Anpa de Baamonde denuncia novos pasos cara ao peche e privatización do centro

A asociación de pais e nais critican que se denegara a admisión de alumnado, así como que se anunciaran as dotacións do conservatorio sen que o anuncio de clausura do colexio sexa oficial

PUBLICADA O

- Advertisement -

A veciñanza de Baamonde segue en pé de loita para defender o centro educativo, cuxa supervivencia pende dun fío logo de que o Concello de Begonte aprobara clausuralo e mover o alumnado a outro colexio do municipio. Nestes dous últimos días, a ANPA do Ceip Baamonde denunciou novos pasos que deixan entrever o abandono da escola e o camiño cara a privatización do uso das instalacións. 

Por unha banda, a asociación de pais e nais denuncia que se denegara a admisión de alumnado no colexio. Remitiron un escrito a Inspección Educativa de Lugo e ao conselleiro de Educación, Román Rodríguez, no que se explica que as familias con nenos de tres a cinco anos, que cursarían educación infantil, non puideron presentar a solicitude de admisión. “Estase a vulnerar de forma evidente o dereito de nais e pais”, lamentaban.

Os agravios non rematan aí, senón que a Asociación Músico Crisanto anunciou a dotación de equipamento para o futuro conservatorio, previsto polo Concello de Begonte nas actuais instalacións do colexio. “O rechamante deste anuncio por parte da asociación Músico Crisanto e que anuncian as instalacións como súas cando dende a propia Consellería de Educación non se produciu ninguna desafectación do centro”, sinalan dende a Anpa, para instar ás Administracións públicas a revisar a situación que pon contra as cordas esta escola do rural lugués.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

O BNG reclama melloras da N6 no seu paso pola provincia de Lugo

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de iniciativas parlamentarias...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...