InicioMovementos sociaisEnfermeiras e enfermeiros apoian á compañeira acusada “con datos falsos” polo Sergas...

Enfermeiras e enfermeiros apoian á compañeira acusada “con datos falsos” polo Sergas nun programa de televisión

O suceso aconteceu o pasado cinco de novembro, cando unha compañeira de traballo da área de Lugo, Alba, “saíu en varias canles da televisión pública estatal” mostrando o total de contratos asinados que “consta duns 400 contratos en catorce anos” .

PUBLICADA O

- Advertisement -

O colectivo de Enfermeiras Eventuais en Loita (EEEL), denuncia a resposta do Sergas atacando “persoalmente a quen se atreve a dar a cara, exhibindo datos sobre a súa persoa, que se supón, son confidencias”. Ademais, indican que a compañeira que denunciou a súa situación nun programa de televisión “non é un caso illado, senón que é a situación que vivimos miles de traballadores eventuais da sanidade pública galega”.

O suceso aconteceu o pasado cinco de novembro, cando unha compañeira de traballo da área de Lugo, Alba, “saíu en varias canles da televisión pública estatal” mostrando o total de contratos asinados que “consta duns 400 contratos en catorce anos” desde a súa incorporación ás listas de contratación do Sergas.

Xunto a isto, a mesma enfermeira declarou que tiña tres oposicións aprobadas e que “iso non lle garantía ter dereito a praza, xa que existe unha taxa de reposición” que impedía saír a concuros un número moi baixo de prazas do total de vacantes. Nas súas declaracións tamén fixo constar que viven “pegadas a un teléfono os 365 días do ano para optar a un contrato de un, dous ou con moita sorte , quince días para cotizar”.

Durante a intervención desta enfermeira no programa Espejo Público de Antena 3 e presentado por Susana Griso, “a propia presentadora asegura a Alba que o Sergas lles facilitou datos da súa vida laboral” que desde EEEL declaran que son “falsos por certo, como que ela non tiña praza porque suspendera dúas ofertas públicas de emprego”. Tamén se emitiu que “a Alba se lle ofrecera un contrato de continuidade e que ela o rexeitara”. Isto foi interpretado desde o colectivo de Enfermeiras Eventuais en Loita “como querendo dicir que deixara pasar unha oportunidade brillante e única para a súa estabilidade persoal e laboral, e vulnerando así o seu dereito á intimidade”.

Integrantes do colectivo concetráronse este martes coa súa vida laboral nun folio “para demostrar que Alba non está soa porque todas somos Alba”. Ademais disto, dirixíronse ao xerente do Sergas, Antonio Fernández Campa, aludindo que “xa en dúas ocasións saiu publicamente a rebatir a intervención de dúas compañeiras”. Durante ditas intervencións, EEEL acusa a Fernández Campa de que “demostrou ou ben non coñecer o funcionamento das listas de contratación, ou ben estar a rirse publicamente dun colectivo sanitario”. Debido a isto, o colectivo que reúne a profesionais da enfermaría na sanidade pública galega, reclama a dimisión do xerente do Sergas

ÚLTIMAS

Ofertan 100 prazas para labores de panadaría nunha compañía do sector da alimentación de Lugo

Adecco publicou este mércores unha oferta de emprego de 100 prazas para labores de panadaría nunha compañía...

Dous cabalos soltos en pleno centro de Lugo

A Policía Local de Lugo informou de que, o pasado 28 de marzo, localizou na Avenida...

Miguel Fernández elude situarse sobre os candidatos a presidir o PSOE provincial

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, eludiu situarse e explicar a que candidato apoiará no...

Conduce cara o centro de Lugo superando 7 veces a taxa de alcol, co permiso sen vixencia e facendo eses

A Policía Local de Lugo interveu a pasada madrugada a un condutor que superaba sete veces a...