InicioMedioambiente e PatrimonioA Xunta inicia a concentración parcelaria en Outeiro de Rei

A Xunta inicia a concentración parcelaria en Outeiro de Rei

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta activou os dous primeiros procesos de concentración parcelaria que se inician desde a entrada en vigor no ano 2015 da Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia (Metaga), que busca aumentar a base territorial das explotacións e reducir os seus custos de produción.

Trátase de dúas zonas de concentración parcelaria no concello lugués de Outeiro de Rei que suman 2.000 hectáreas repartidas entre 833 beneficiarios das zonas de Arcos, Sobrada de Aguia, San Lourenzo de Aguia e San Fiz de Paz.

Este foi un dos acordos aos que o Goberno galego deu luz verde nun Consello celebrado este xoves e que estivo case na súa totalidade dedicado ás máis de 350 propostas galegas para optar a fondos europeos de reconstrución. A Xunta destaca que ambos os procesos foron apoiados polo concello lugués e os titulares das explotacións asentadadas nunha área que suma 125 granxas, a maioría de vacún.

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Prosegue a procura da anciá de 85 anos desaparecida hai unha semana no barrio de Montirón

A Policía Nacional continúa dirixindo a procura de Isaura, a anciá de 85 anos que non volveu...

O PP de Lugo pide ao Goberno aclarar se abrirá este verán un novo tramo da A-54

Os senadores do PP de Lugo --José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano-- pediron...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...