InicioMedioambiente e PatrimonioO Museo Provincial ou a Fortaleza de San Paio de Narla, agora...

O Museo Provincial ou a Fortaleza de San Paio de Narla, agora en 3D dende os nosos sofás

A Rede Museística Provincial pon en marcha novas actividades virtuais para poder seguir gozando do patrimonio en tempos de pandemia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Rede Museística Provincial presentou este mércores a programación para o mes de novembro, que incide na aposta polo uso das tecnoloxías e dos recursos en liña para  continuar coa labor expositiva e divulgativa que se desenvolve desde os catro museos provinciais: o Museo Provincial de Lugo, o Museo Provincial do Mar de San Cibrao, o Museo Fortaleza de San Paio de Narla, en Friol, e o Pazo de Tor, en Monforte.

O vindeiro 16 de novembro, coincidindo co Día do Patrimonio Mundial e  Natural, porase en funcionamento unha plataforma multicanal, que aglutinará todos contidos e propostas en liña que se ofrecerán desde a Rede Museística, entre elas as actividades didácticas orientadas á comunidade comunidade educativa.

Entre as propostas máis novidosas, atópanse as visitas inmersivas, que ofrecen a posibilidade de coñecer os fondos, coleccións e exposicións dos museos provinciais a través dun percorrido virtual.

A xerente da Rede Museística, Encarna Lago, explicou que  “non se trata de percorridos virtuais ao uso, senon de visitas temáticas, deseñadas e guiadas polo persoal da rede que acompañará ás persoas usuarias nesa experiencia inmersiva”. Tamén incidiu “na precisión do traballo técnico das vistas en 3D,  realizadas cun escáner de última xeración”.

Ademais do formato en liña, a Rede ofrece visitas audiodescritivas a través de chamadas telefónicas, “unha alternativa pensada para as persoas que non manexan a Internet, para facer fronte á fenda dixital entre xeneracións”, engadiu Encarna Lago que propuxo estas actividades como recurso para “residencias e centros de maiores ou asociacións e profesionais que traballen coas persoas de máis idade”.

As visitas inmersivas, que a partir do 16 de novembro se poderán solicitar a través da propia plataforma, están dispoñibles xa, previa concertación a través dos teléfonos de contacto dos catro museos.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...