InicioSociedadeDenunciado por conducir drogado con cans que non tiñan "comida nin auga"

Denunciado por conducir drogado con cans que non tiñan “comida nin auga”

PUBLICADA O

Axentes da Policía Local interceptaron na cidade a un condutor que deu positivo por consumo de cocaína e levaba no maleteiro do seu coche a dous cans, “sen comida nin auga”.
Sucedeu este xoves cando unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local deulle o alto a un condutor que, ao ser sometido ao test de drogas, deu positivo por consumo de cocaína e opiáceos.
Os axentes comprobaron que no maleteiro do seu vehículo viaxaban dous cans e, como o condutor non puido facerse cargo deles, solicitouse a presenza do equipo de Lacería da Protectora de Animais de Lugo. Ambos os cans foron trasladados ás instalacións da Protectora para o seu coidado. O coche foi inmobilizado e, posteriormente, trasladado polo guindastre ao depósito municipal.

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Prosegue a procura da anciá de 85 anos desaparecida hai unha semana no barrio de Montirón

A Policía Nacional continúa dirixindo a procura de Isaura, a anciá de 85 anos que non volveu...

O PP de Lugo pide ao Goberno aclarar se abrirá este verán un novo tramo da A-54

Os senadores do PP de Lugo --José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano-- pediron...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...