InicioMedioambiente e PatrimonioInvestigado un veciño de Palas a raíz dun incendio forestal por "imprudencia...

Investigado un veciño de Palas a raíz dun incendio forestal por “imprudencia grave”

O lume queimou unha superficie duns 3.500 metros de eucaliptos. Foi na parroquia de Marzá.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil imputou en calidade de investigado un veciño do termo municipal de Palas de Rei, de 57 anos de idade, como presunto autor dun delito de incendio forestal “por imprudencia grave”.

Segundo informou o Instituto Armado, a investigación correspóndese cun incendio ocorrido na parroquia de Marzá, onde se queimou unha superficie duns 3.500 metros de eucaliptos nitens. 

“A raíz da inspección ocular do terreo afectado, confección de informe técnico de posibles causas e entrevista con posibles testemuñas oculares procédese a investigar ao posible autor do delito”, explicaron as mesmas fontes. A persoa investigada foi posta a disposición do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Chantada.

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Prosegue a procura da anciá de 85 anos desaparecida hai unha semana no barrio de Montirón

A Policía Nacional continúa dirixindo a procura de Isaura, a anciá de 85 anos que non volveu...

O PP de Lugo pide ao Goberno aclarar se abrirá este verán un novo tramo da A-54

Os senadores do PP de Lugo --José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano-- pediron...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...