InicioMedioambiente e PatrimonioPreocupación ante a "salvaxe" talla de árbores ao pé do Miño durante...

Preocupación ante a “salvaxe” talla de árbores ao pé do Miño durante o confinamento

A Plataforma Lugo de Cara ao Miño esixe explicacións ao Club Fluvial respecto da intervención realizada na zona de aparcadoiro, antes chea de pradairos. Estráñalles que se levara a cabo "precisamente agora", cando as organizacións veciñais teñen "menos capacidade de resposta" por mor do estado de alarma.

PUBLICADA O

- Advertisement -

“Hoxe decatámonos de que no aparcadoiro do Club Fluvial de Lugo fixeron unha talla salvaxe das árbores -pradairos-“. Alértano dende a plataforma Lugo De Cara ao Miño, colectivo que amosa a súa preocupación ante tal situación e que pide unha explicación ao respecto.

“O Club Fluvial presume e téñennos dito que son profundamente ecoloxistas e defensores da natureza e do río. Nós temos algunha dúbida de que sempre sexa así, ou polo menos entendemos ese respecto á natureza de xeito distinto”, engaden dende Lugo de Cara ao Miño nun comunicado remitido aos medios de comunicacións.

Ás integrantes da plataforma estráñalles que dita talla se fixese “precisamente agora”, no medio dun confinamento , “cando a capacidade de resposta das institucións e de organismos veciñais como o noso é moito máis pequena”. Din non ter a certeza de se esa intervención no medio foi “legal ou non”, se o Club Fluvial “tiña permiso ou non”, pero “sexa como for as árbores xa non están” e, aos seus ollos, iso “ten todas as pintas de ser un atentado ecolóxico”.

Daquela, esixen explicacións e respostas que xustifiquen a talla e a autorización da mesma, debido a que as instalacións do Club Fluvial se atopan na Rede Natura, na zona de afección do Camiño de Santiago e da Ponte Romana.

Advirten que o estado de alarma non pode servir como escusa para aproveitar a nula actividade de organizacións veciñais, centros sociais, etc. Por moitas “cousas lindas e apoio mutuo” que observen nestas semanas, temen que non todo obedeza a un espírito de comunidade.

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Prosegue a procura da anciá de 85 anos desaparecida hai unha semana no barrio de Montirón

A Policía Nacional continúa dirixindo a procura de Isaura, a anciá de 85 anos que non volveu...

O PP de Lugo pide ao Goberno aclarar se abrirá este verán un novo tramo da A-54

Os senadores do PP de Lugo --José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano-- pediron...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...