InicioMedioambiente e PatrimonioMaquinaria pesada da madeira destrúe o único dolmen de Baleira

Maquinaria pesada da madeira destrúe o único dolmen de Baleira

Tiña 6.000 anos e foi o primeiro elemento patrimonial do concello de Baleira en ser catalogado, no ano 1991, pola Xunta de Galicia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os integrantes do Colectivo Patrimonio dos Ancares acaban de denunciar o que consideran “a peor barbaridade” que teñen presenciado ata o momento. Trátase da destrución total da única mámoa con dolmen que se coñecía no Concello de Baleira. Tratábase da necrópole do Monte da Cruz, situada no alto do Restelo, a 965 metros de altitude, xunto á vía provincial LU-0708, case no límite entre os municipios de Baleira, Becerreá, A Fonsagrada e Navia de Suarna.

A gran mámoa de terra de máis de trinta e cinco metros de diámetro, e o dolmen que acollía no seu interior, cunha cámara pétrea poligonal formada por sete esteos e un pequeno corredor de entrada, foron arrasadas por maquinaria pesada durante unha tala de piñeiros. Este enterramento do período Neolítico, cunha antigüidade duns 6.000 anos, foi o primeiro do concello de Baleira en ser catalogado, no ano 1991, pola Xunta de Galicia (DOG do 12 de xullo) co código GA27004001.

O colectivo patrimonial , acaba de presentar unha denuncia por rexistro electrónico ante a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural “debido á gravidade dous feitos”. Solicita para os responsables a máxima sanción que marca a Lei do Patrimonio Cultural de Galicia pola destrución dun ben patrimonial, que vai de 150.000 a 1.000.000 de euros. Toda a información en Historia de Galicia.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...