InicioMedioambiente e PatrimonioComeza a loita contra a "parietaria xudaica", a especie que coloniza a...

Comeza a loita contra a “parietaria xudaica”, a especie que coloniza a Muralla de Lugo

A Xunta ensaia con "aceite" para limpar este monumento.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Cultura e Turismo iniciou xa as probas con aceites esenciais para tratar de evitar a proliferación da vexetación entre as pedras da Muralla romana de Lugo, declarada Patrimonio da Humanidade.

A Xunta de Galicia ten previsto realizar “un ensaio masivo” con este tipo de sustancias, en principio con ourego e tomiño, pero as probas comezarán en dous puntos concretos, fronte á propia Delegación Territorial da Administración autónomica e nunha zona da Rolda da Muralla próxima á antiga sede do Catastro, onde xa comezou a colocación de estadas e redes de seguridade.

Tomouse a decisión de iniciar en ensaio neste momento porque a planta presenta unha xerminación máis abundante no outono e a principios de inverno, cando os muros están máis húmidos. A Xunta baralla a posibilidade de realizar dúas aplicacións diferentes, unha en novembro e outra en xaneiro.

Os estudos preliminares, aclarou o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, indican que “pode ser un método válido”, especialmente contra unha das especies que invade a miúdo os lenzos e o adarve da muralla, a “parietaria xudaica”, que supón o 90 ou o 95% das plantas que crecen no monumento.

En principio, a idea é estudar a evolución deste tratamento, que en probas previas revelouse como eficaz para conter a germinación de plantas entre as pedras da Muralla, durante catro meses, co fin de avaliar a súa eficacia.

No desenvolvemento deste proxecto colabora a Universidade de Santiago de Compostela, a través do departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría, que depende da unidade de Botánica do campus de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece un home sen fogar cerca da estación de autobuses en Lugo

Un home sen fogar orixinario de Zaragoza faleceu por causas naturais esta madrugada nas...

Acordo entre Concello e EcoLugo para un plan de limpeza en barrios que necesitan reforzar o servizo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo unha reunión de traballo con responsables de...

A Xunta licitará as obras para a rúa Serra de Meira en Lugo cun millón de euros

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, avanzou a licitación...

Xulgan un mozo acusado de violar e agredir á súa parella en Lugo mentres durmía

Un mozo acusado de cometer varias agresións sexuais e físicas contra a súa parella...