InicioMedioambiente e PatrimonioA lenda da bruxa Irimia, a meiga que arrebolaba pedras onde nace...

A lenda da bruxa Irimia, a meiga que arrebolaba pedras onde nace o Miño

O Pedregal de Irimia, en Meira, constitúe unha paisaxe rochosa á que non era doado atoparlle explicación. As xentes do lugar deron en buscarlle unha xustificación e así xurdiu a figura desta bruxa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Aló en Fonmiñá, onde nace o río Miño, amoréanse pedras que foron testemuñas de milleiros de anos de historia. É o Pedregal de Irimia, un recanto único pola súa paisaxe, pero tamén polos misterios que garda en forma de lendas. A sabedoría popular tentou buscarlle unha explicación á orografía rochosa daquel lugar e deu en crear o personaxe da bruxa Irimia, unha meiga que arrebolaba pedras aos monxes de Meira para evitar pagar os seus tributos.

As rochas que ía tirando amontoábanse á beira do río e mesmo chegaban a tapalo, de xeito que impedirían o acceso dos clérigos á zona alta do Miño. Hai quen tamén conta que o embruxo facía medrar as pedras, agora enormes, ou tamén que os eclesiásticos quedaran atrapados no medio delas.

Non é a única lenda que xira en torno ao nacemento do Miño. Podes ler a información completa en Historia de Galicia.

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Prosegue a procura da anciá de 85 anos desaparecida hai unha semana no barrio de Montirón

A Policía Nacional continúa dirixindo a procura de Isaura, a anciá de 85 anos que non volveu...

O PP de Lugo pide ao Goberno aclarar se abrirá este verán un novo tramo da A-54

Os senadores do PP de Lugo --José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano-- pediron...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...