InicioLugo e contornaA Xunta di que capturou a "algúns" xabaríns en Lugo e que...

A Xunta di que capturou a “algúns” xabaríns en Lugo e que agora “móvense cara á montaña”

A Federación Rural Galega reclama "un estudo serio e un plan de xestión da poboación deste animal salvaxe.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As medidas que puxo en marcha a Xunta de Galicia para frear a presenza de xabaríns na cidade de Lugo, levaron a capturar “algún exemplar”, segundo confirmou fontes da Consellería de Medio Ambiente. Con todo, de momento non hai un “balance”, indicaron as mesmas fontes, en canto a esas medidas, que consisten na colocación de gaiolas e a presenza de “porteiros” na cidade.

A aplicación de ditas “medidas”, apuntan estas mesmas fontes, supuxeron “menos avistamentos na zona urbana (da cidade de Lugo) e menos incidencias no tráfico”, á vez que se advirte que os xabaríns “están a moverse cara aos tecores (de caza), cara á montaña”.

ESTUDO “SERIO”

Mentres, o coordinador da Federación Rural Galega en Lugo, Elías Somoza, reclama á Xunta de Galicia “un estudo serio e un plan de xestión da poboación do xabaril”.

Ademais, Somoza protestou porque “ano tras ano as axudas” do Goberno galego “non saen e así as indemnizacións que se están cobrando son nulas”. “Os agricultores e os gandeiros temos que asumir os danos da fauna salvaxe, cando para moitos é un ben social e si é un ben social tería que asumir a sociedade os custos das desfeitas, dos danos que están a ocasionar e non só pagalos os gandeiros e agricultores”, reivindica.

Somoza alertou da presenza do xabaril, sobre todo “en concellos da Terra Chá, tamén no sur da provincia de Lugo e na mesma capital da provincia”. “É difícil cuantificar os danos, pero cando tes unha cantidade de millo para recoller e ves que está todo no chan, iso supón unha perdida importante. Os danos son difíciles de cuantificar porque cada explotación é un mundo”, conclúe o dirixente agrario.

ÚLTIMAS

Polémica por 300 hectáreas de monte veciñal no paraíso hippie de Negueira de Muñiz

É posible atopar restos de neve nos costados da sinuosa estrada que descende desde...

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...