InicioLugo e contornaPortomarínO alcalde de Portomarín atribúe a desfeita dunha estrada provincial ao "cabreo"...

O alcalde de Portomarín atribúe a desfeita dunha estrada provincial ao “cabreo” dun veciño

Critica á Deputación de Lugo por non arranxala porque "xa había tempo que estaba esnaquizada".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde do municipio lucense de Portomarín, o popular Juan Serrano, vinculou a desfeita do asfalto dunha estrada provincial ao “cabreo” dun veciño.

En concreto, uns cen metros de asfalto da estrada LU-P-4902, ao seu paso por Portomarín, apareceu totalmente levantado, polo que a Deputación de Lugo, titular do viario, presentou denuncia ante a Garda Civil.

Respecto diso, o alcalde, que sostivo que “hai tempo” que a vía “está esnaquizada“, lembra que a Deputación habilitou unha sinalización de “tramo de estrada moi perigosos fai seis ou oito meses”. “O que non podes facer é sinalizar unha estrada como moi perigosa e non arranxala“, afeou.

Serrano puntualizou que dita vía “serve a unha parte importante do municipio”. “E supoño iso que xa estaba deteriorado deteriorouse un pouco máis”, apuntou. Dito isto, considerou os estragos “posiblemente” se poden deber “ao cabreo dunha persoa”. “Ou tamén puido ser algo fortuíto que a un tractor lle caese o arado porque lle fallaron os hidráulicos”, manifestou para asegurar que “non” sabe exactamente “o que pasou”. “Estaba mal e púxose peor”, sinalou.

A desfeita da estrada de Alto do Valiño por Vilaxuste a Valdeporrás, que enlaza coa Nacional 540 cara a Ourense, foi examinado por técnicos da Deputación de Lugo que calculan que os danos ascenden a uns 90.000 euros.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Lugo absolve por falta de probas a un mozo acusado de agresión sexual a dúas menores

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo absolveu a un mozo acusado de...

O PSdeG propón á alcaldesa de Burela para presidir a Deputación de Lugo tras a dimisión de Tomé

O comité provincial do PSOE por Lugo propuxo á deputada e alcaldesa de Burela...

Detidas catro persoas en Lugo que trataban de ocupar unha vivenda a través dun oco na porta

A Policía Local de Lugo interceptou o pasado domingo a catro persoas que trataban...

Detido en Lugo tras insultar e tratar de agredir aos policías que acudiron porque molestaba a clientes dun bar

Un home foi detido en Lugo tras insultar e tratar de agredir aos policías...