InicioSucesosDetido en Lugo tras insultar e tratar de agredir aos policías que...

Detido en Lugo tras insultar e tratar de agredir aos policías que acudiron porque molestaba a clientes dun bar

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home foi detido en Lugo tras insultar e tratar de agredir aos policías que acudiron a un local de copas porque o home estaba a molestar a outros clientes do bar. Tal como informa a Policía Local, os axentes recibiron unha chamada debido a que o agora detido estaba a molestar a outras persoas no establecemento de lecer nocturno.

Unha vez no punto, os funcionarios trataron de identificar o home, comezando este a non respectar a distancia de seguridade, insultando aos axentes e tratando de darlles cabezados, polo que foi detido como presunto autor dun delito de atentado. Tamén nas últimas horas, ata cinco homes foron denunciados por ser sorprendidos ouriñando na vía pública, sendo propostos para sanción.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación incrementa o patrocinio para o Caudal Fest reforzando a proxección turística de Lugo

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres o contrato de...

O Concello de Lugo aprobará o proxecto dunha residencia de anciáns no barrio de Recatelo

A xunta de goberno de Lugo aprobará o vindeiro luns o proxecto para a...

Un incendio activo en Lugo xa arrasou dúas hectáreas

A parroquia lucense de Orbazai, no lugar de Penarrubia, rexistra este xoves un incendio...

O Concello de Lugo entrega licenza de primeira ocupación do Polígono 2 da Louzaneta

O Concello de Lugo entregou o primeiro título de primeira ocupación correspondente ao Polígono...