InicioCulturaGema López, unha pintora lucense alén das fronteiras

Gema López, unha pintora lucense alén das fronteiras

Ata o 12 de abril podemos desfrutar na UNED da súa máis recente exposición: “Renacer”.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Coñecín a Gema López hai uns anos nas “Cinco Vigas” a través do meu amigo Santi, co que ela estaba tomando algo… ¿seguramente unha mítica tenreira ó viño tinto ou uns champiñóns á crema?

Máis veces conversariamos ó longo do tempo, pero foi no momento en que Gema se uniu ó meu grupo de excursións e paseos, cando comecei a coñecer en maior profundidade a este talento artístico lucense do século XXI.

Coñecer á artista é unha gran vantaxe á hora de observar unha obra, e por iso non podo falar de Gema sen esquecer a óptica que me dá o feito de ser amigos a día de hoxe.

Meu pai é xornalista xubilado, e durante anos exerceu como crítico de arte… por iso, dende moi pequeno levo coñecendo e observando os traballos de moitas pintoras e pintores lucenses. En Gema atopo un aire innovador e rompedor, unha diferenza, algo distinto que seguramente a leve por camiños de recoñecemento e prestixio máis alá das nosas fronteiras.

É unha persoa feminista, rebelde, reivindicativa, sentimental… e iso mesmo atopo nos seus cadros: forza, sentimentos, entrañas… ademais dunha depuradísima técnica e nivel profesional na que sen dúbida terá influencia a súa formación en Belas Artes e outros estudos superiores.

A súa exposición “Renacer” é un agasallo para os lucenses e para todos os que se animen a pasar antes do 12 de abril pola sede da UNED en Lugo. Unha conversa íntima cunha muller brava, sinceira e desobedente. Unha lucense do século XXI.

 

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...