InicioA UlloaRepuntan os contaxios de Covid en Lugo, aínda que en menor medida...

Repuntan os contaxios de Covid en Lugo, aínda que en menor medida que no resto de Galicia

Nas últimas horas notificáronse case 600 contaxios na área sanitaria luguesa. O número de infeccións activas continúa, con todo, baxando.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os contaxios diarios de Covid en Galicia experimentaron un repunte nas últimas horas e volven roldar os 6.000 casos novos, aínda que descenderon levemente a presión hospitalaria e o número total de infeccións activas.

Así se reflicte no informe publicado este mércores pola Consellería de Sanidade (con datos recolleitos hastas as 18,00 horas do martes), no que se notifican 5.963 contaxios novos nas últimas horas, o que supón 1.386 contaxios novos máis que os rexistrados na xornada anterior.

As novas infeccións detectadas soben en todas as áreas sanitarias, especialmente na de Vigo e a da Coruña, onde se rexistraron, respectivamente, 1.590 e 1.275 contaxios novos.
Na área sanitaria de Santiago notificáronse 1.065 contaxios novos; na área de Ourense son 608 as novas infeccións; na área de Pontevedra hai outras 583 persoas máis contaxiadas; na área de Lugo rexistráronse 582 novos contaxios; e na área de Ferrol hai 260 novos infectados.

Con respecto ao cómputo global de casos activos, o Sergas confirmou que hai en Galicia 60.277 persoas con Covid, 443 menos que hai un día. Os casos baixaron en todas as áreas sanitarias: en Vigo hai 15.610 casos activos (51 menos), na Coruña hai 13.275 infeccións (48 menos), na área de Santiago hai 9.821 casos (118 menos), en Pontevedra hai 6.564 casos (221 menos), en Lugo hai 6.148 persoas con Covid (57 menos), en Ourense son 6.015 os enfermos (114) e en Ferrol baixaron a 2.844 (70 menos).

PRESIÓN HOSPITALARIA

A información feita pública por Sanidade confirma que hai 681 persoas con Covid nos hospitais galegos (23 menos que hai un día), das que 40 están en Unidades de Coidados Intensivos (unha menos) e 641 en camas convencionais (22 menos).

Por áreas, a da Coruña e a Vigo rexistran o maior número de enfermos en coidados críticos, con 12 e 7 respectivamente. Así, aínda que a primeira ten un paciente máis en UCI, na área de Vigo reduciuse o número en dous.

No resto de áreas sanitarias galegas non se produciron cambios na ocupación da UCI. Na área de Lugo hai 6 pacientes, nas de Pontevedra e Santiago hai 5 pacientes, na de Ourense hai 3 pacientes, e na de Ferrol seguen 2 pacientes.

ÚLTIMAS

O BNG propón destinar os 250 millóns de Altri a un plan para revitalizar as comarcas da Ulloa, Ulla e Arousa

A líder do BNG, Ana Pontón, propón que "os 250 millóns de euros que o...

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...