InicioLugo e contornaLugoA Vicepresidencia presenta unha denuncia polo vandalismo na exposición "Galiza, un pobo,...

A Vicepresidencia presenta unha denuncia polo vandalismo na exposición “Galiza, un pobo, unha selección” que amenceu con varios paneis cortados

A mostra repasa a historia do deporte galego, afondando na participación de deportistas do país en competicións internacionais e na traxectoria das seleccións galegas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A exposición “Galiza, un pobo, unha selección” instalada na Praza de San Marcos amenceu con varios paneis cortados. Máis da metade das lonas de mostra, que se inaugurou este luns, apareceron con diferentes cortes.

O deputado de Deportes, Efrén Castro, condenou “uns actos inxustificables” que, apuntou, “amosan o que traen os discursos de odio, que non toleran o diferente e responden con violencia a calquera actividade ou opinión distinta á súa”

O responsábel provincial indicou que desde a Vicepresidencia da Deputación de Lugo “puxemos a situación en mans dos Servizos Xurídicos da Deputación de Lugo para que tramiten a denuncia ante as autoridades e se busque as persoas autoras”

A mostra, organizada pola plataforma Vía Galega coa colaboración da Vicepresidencia da
Deputación de Lugo, repasa a historia do deporte galego, afondando na participación de deportistas do país en competicións internacionais e na traxectoria das seleccións galegas.

Os paneis cortados reporanse nos vindeiros días. A mostra permanecerá na Praza de San Marcos ata o 14 de febreiro, e iniciará logo unha itinerancia por Sarria, Monforte, Chantada, Vilalba, Viveiro, Foz, Ribadeo, Barreiros e Valadouro.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...