InicioLugo e contornaLugoO PSOE de Lugo celebrará primarias o 30 de xaneiro e o...

O PSOE de Lugo celebrará primarias o 30 de xaneiro e o 20 de febreiro un congreso para renovar a súa dirección

O alcalde de Castroverde presentará a súa precandidatura á Secretaría provincial, un proceso ao que se prevé que tamén aspire Tomé.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O comité provincial do PSOE de Lugo aprobou este sábado o calendario do proceso interno a través do que renovará á súa dirección e que inclúe a celebración de primarias á secretaría xeral o 30 de xaneiro e o desenvolvemento do congreso o 20 de febreiro.

No acto, do que informaron os socialistas nun comunicado, a secretaria provincial saínte, Patricia Otero, destacou que a data elixida busca “facilitar a participación de toda a militancia” nun proceso “ilusionante”.

Así mesmo, Otero, que xa confirmou que non optará a revalidar o cargo, agradeceu oétraballo feito polos socialistas lucenses pola provincia, especialmente os alcaldes e portavoces na oposición, así como o labor na Deputación, dos que dixo que estiveron “á altura das circunstancias” nun momento “difícil”.

Remarcou que o PSOE está na rúa, á beira da xente, coas asociacións de veciños, cos traballadores e traballadoras, cos empresarios, cos autónomos, cos gandeiros e cos traballadores do mar.

“Nesta provincia gobernamos en 31 concellos, e participan na política municipal un total de 272 concelleiros socialistas: 107 mulleres e 165 homes ao servizo da cidadanía, comprometidos coa realidade social, un verdadeiro orgullo”, dixo.

A secretaria provincial lembrou que o PSOE conta con “142 anos de historia, é o único instrumento político ao servizo da sociedade capaz de cambiar as políticas de recortes, paralizacións e abandono do Goberno de Feijóo con esta provincia”. “Que ninguén se equivoque en apuntar cos dardos. Esta provincia necesita máis que nunca un partido progresista, traballador, coordinado, conciliador, aberto, plural e que estea pegado aos problemas dos cidadáns”, dixo.

A dirixente socialista sinalou que coa convocatoria do congreso ábrese un proceso que renovará os cargos orgánicos da provincia, e todo deben de estar á altura das circunstancias. “O próximo 20 de febreiro o PSdeG realizará de novo un exercicio de democracia interna, transparente, aberta e plural, como xa acaba de ocorrer no congreso nacional coa elección de Valentín González Formoso como novo secretario xeral do PSdeG”, sinalou.

“Agora achegámonos ao 4º Congreso Provincial no que, entre todos, debemos garantir que sexa un mandato estable, para que o Partido Socialista afronte durante os próximos anos retos electorais claves, así como a recuperación da posición política do PSdeG en Galicia liderada pola nova dirección. E Lugo só poderá facelo estando todos unidos, esa vai ser a nova responsabilidade”, sostén.

Por último, asegurou que esta cita interna pechará unha etapa no que o seu obxectivo principal foi estabilizar o partido na provincia.

CANDIDATURAS

O calendario interno inclúe que os interesados poderán presentar precandidaturas para optar á Secretaría Xeral Provincial entre o 22 e o 27 de decembro.

Precisamente, de face a este proceso, o alcalde de Castroverde, Xosé María Arias, xa anunciou a súa intención de oficializar a súa candidatura. Ademais, prevese que o presidente da Deputación, José Tomei, tamén dun paso adiante.

ÚLTIMAS

Xulgan a unha muller que se apropiou de 37.500 euros dun cliente que contrataba os seus servizos sexuais

Unha muller sentará no banco dos acusados da Audiencia Provincial de Lugo a próxima...

Detidos dous veciños por roubar 1.750 válvulas de bombonas de butano

A Garda Civil detivo na madrugada do xoves a dous veciños de Ferrol, de...

A Deputación de Lugo presume de política social con 136 millóns: “construimos 13 residencias en oito anos e a Xunta, 0”

Os orzamentos da Deputación de Lugo crecerán en 2026 ata superar os 135 millóns...

TSXG ratifica a condena a dous homes por traficar con drogas valoradas en máis de 18.000 euros

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...