InicioLugo e contornaLugoA alcaldesa de Lugo pide "prudencia" para confirmar se foi ataque "transfóbico"...

A alcaldesa de Lugo pide “prudencia” para confirmar se foi ataque “transfóbico” a agresión á moza na Muralla

"Toca como administración ser prudente e esperar á confirmación oficial" porque "de momento as versións son contraditorias", apuntou Lara Méndez.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, condenou o ataque a unha rapaza trans que foi supostamente empuxada desde o adarve da Muralla, á vez que apelou á “prudencia” á espera de que se confirme se se trata dun “ataque transfóbico” ou non. “Desde o Concello sempre vemos con preocupación calquera acto de violencia, pero o que temos que facer tamén é ter prudencia e esperar a confirmación que a día de hoxe non a temos”, explicou.

Nesta liña, argumentou “que no momento” que teñan “esa confirmación” de posible ataque “transfóbico”, se “efectivamente é un acto de violencia, o sería nunha dobre vertente porque sería un acto de violencia de xénero e homofobia”, considerou. “Por tanto manifestaremos rotundamente a nosa repulsa a todo tipo de violencia, sobre todo se falamos de violencia de xénero”, apostilou a rexedora. Méndez insistiu en que lle “toca como administración ser prudente e esperar á confirmación oficial”, porque, matizou, “de momento as versións son contraditorias”.

“Non está confirmado por parte de quen lle compete facer estas afirmacións, temos que ter prudencia. En todo caso rexeitamento total e absoluto a calquera tipo de violencia, máxime cando falamos de violencia de xénero e, se vai unida á homofobia, evidentemente a indignación aínda é maior”, concluíu sobre esta agresión sucedida na madrugada do pasado domingo.

ÚLTIMAS

División de opinións na Asociación Forestal de Galicia sobre Altri: o 52% de socios apoia e o 40%, rexeita

Unha enquisa realizada pola Asociación Forestal de Galicia entre os seus socios sobre o...

Volve a neve en plena primavera á provincia de Lugo este sábado

Varios puntos da provincia de Lugo rexistran nevadas na mañá deste sábado de finais...

Morre Cristina Pérez Herraiz, concelleira en Lugo entre 2015 e 2019

A exconcelleira do Concello de Lugo Cristina Pérez Herraiz faleceu este sábado a consecuencia...

O BNG propón destinar os 250 millóns de Altri a un plan para revitalizar as comarcas da Ulloa, Ulla e Arousa

A líder do BNG, Ana Pontón, propón que "os 250 millóns de euros que o...