InicioLugo e contornaLugoSuspenden e elevan a Fiscalía o proceso selectivo de Policía Local en...

Suspenden e elevan a Fiscalía o proceso selectivo de Policía Local en Lugo por sospeitas de filtracións

Detectan "coincidencias patentes" nas respostas de catro axentes co persoal de resultados correctos do suposto práctico

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo levou á Fiscalía o proceso selectivo destinado a cubrir sete prazas de Inspector de Policía Local. A decisión tomouse tras analizar o informe presentado pola presidenta do tribunal das oposicións, no que se pon en dúbida a validez dos resultados tras detectar concidencias nos patróns de resposta de parte dos axentes que participaron no proceso.

A convocatoria constaba de dous exercicios, un tipo test e un suposto práctico. O primeiro estaba estruturado por dous bloques de preguntas: un sobre dereito penal e procesual penal, preparado pola presidenta do tribunal, e outro elaborado polos tres vocais (dous policías locais de fóra dos municipios e un axente da Policía Nacional).

Este último bloque, xunto cos casos prácticos, foron enviados polo axente da Policía Nacional ao secretario do Tribunal, encargado da súa custodia. Todos os candidatos aprobaron a primeira das probas, mentres que só oito lograron a cualificación de apto no exercicio práctico.

Con todo, durante a revisión do expediente, detectáronse “certas coincidencias patentes nas respostas dalgúns supostos prácticos” entre eles “e co persoal de resultados correctos” do propio tribunal, precisamente os “catro aspirantes” que lograron “as mellores puntuacións” de todos os candidatos.

Tras revisión as respostas do exame teórico detectouse “de novo” que “os mesmos catro aspirantes” lograron “os mellores resultados” tamén nesta proba, pero coa particularidade de que “unicamente ou moi maioritariamente” fallan as respostas do bloque confeccionado pola presidenta do tribunal mentres acertan “integramente ou maioritariamente” o resto de preguntas.

PRESERVAR A LEGALIDADE

Ante esta situación, a presidenta do tribunal comunicou a súa decisión de renunciar a continuar co proceso, e os tres vocais presentaron á súa vez a súa renuncia aos seus cargos nos procesos de Inspectores e de Oficiais.

A presidenta comunicou o informe ao Goberno local “para evitar unha posible quebra dos principios constitucionais de acceso á función pública en condicións de igualdade, mérito e capacidade”, e para que se adopten “as decisións procedentes” para “preservar a legalidade e obxectividade” do proceso.

O Concello de Lugo decidiu elevar a situación á Fiscalía por se procede abrir dilixencias e para investigar se os feitos poidan ser constitutivos dalgún ilícito penal, do mesmo xeito que suspendeu o proceso selectivo de Inspectores.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...