InicioLugo e contornaLugoDan negativo todas as persoas ás que a Deputación fixo un cribado...

Dan negativo todas as persoas ás que a Deputación fixo un cribado tras o positivo de Óliver Laxe

O cineasta estivera en contacto o 15 de xuño con oito persoas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Deputación de Lugo informou de que as probas de diagnóstico da covid-19 realizadas a oito persoas da institución que estiveran co cineasta Oliver Laxe nun acto o pasado día 15 de xuño deron un resultado negativo.

Nun comunicado remitido aos medios, a Deputación de Lugo lembra que o Servizo de Prevención decidiu realizar as probas tras coñecerse o positivo en coronavirus do cineasta.

En concreto, este servizo citou para o luns ao oito persoas que estiveron en contacto co artista co obxectivo de “extremar as precaucións” e aplicando o seu protocolo de actuación, que complementa o do Sergas.

ÚLTIMAS

O BNG propón destinar os 250 millóns de Altri a un plan para revitalizar as comarcas da Ulloa, Ulla e Arousa

A líder do BNG, Ana Pontón, propón que "os 250 millóns de euros que o...

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...