InicioSucesosDenunciados sete gorrillas que actuaban na contorna do HULA

Denunciados sete gorrillas que actuaban na contorna do HULA

A Policía Local estableceu un dispositivo de control con vehículos camuflados.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | Axentes da Policía Local de Lugo estableceron un dispositivo especial de seguridade coa participación de vehículos camuflados para tratar de “combater a práctica ilegal” dos “aparcacoches”, coñecidos popularmente como ‘gorrillas‘, nas inmediacións do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).

Nese dispositivo de seguridade participaron axentes da Unidade e Territorial de Policía de Barrio, que sorprenderon a sete persoas cando se dedicaban “a esa práctica” no medio da calzada, indicándolles os “estacionamentos libres aos condutores”. Segundo informou a Policía Local, chegaron a poñer “en risco a súa integridade física” e ocasionaron “molestias e prexuízos aos usuarios da vía”.

Todos foron denunciados por infrinxir a Ordenanza de Circulación do Concello de Lugo e a normativa de Seguridade viaria, cunha proposta de sanción de 200 euros para cada un deles.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...