InicioLugo e contornaElena Candia sobre as municipais: "Un dos obxectivos máis importantes é recuperar...

Elena Candia sobre as municipais: “Un dos obxectivos máis importantes é recuperar a deputación”

A presidenta do PP de Lugo e alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, anunciou este luns que o seu partido presentará candidaturas nos 67 concellos da provincia, de face ás eleccións municipais do 26 de maio.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A presidenta do PP de Lugo e alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, anunciou este luns que o seu partido presentará candidaturas nos 67 concellos da provincia naseleccións municipais do 26 de maio.

A presidenta do PP de Lugo destacou que se está cos “tres últimos equipos” noutras tantas localidades e agradeceu a “toda a “xente nova que se implica” no proxecto político do PP, así como “a todos os colaboradores e afiliados que dunha maneira moi comprometida están a traballar de xeito conxunto nos últimos meses”.

Ademais, sinalou que na tarde deste luns preséntase a “candidatura completa” do PP ao concello de Lugo. “Nos próximos días, non temos aínda a data por concretase, esta previsto que organicemos outro acto tamén presentando a todos os candidatos“, indicou.

“Trabállase ben, sen ningún sobresalto, e cun proxecto claro de provincia e cun proxecto moi claro dos equipos que nos gusta levar en todos os concellos”, subliñou. O obxectivo que se marca pasa por “recuperar” as alcaldías nas que o Partido Popular non goberna e manter os que si xestiona. Ademais, buscan poder gañar a Deputación”. “Ese é un dos obxectivos máis importantes”, asume.

PÉSAME Á FAMILIA DE JESÚS LENCE

Polo demais, a presidenta do PP de Lugo sumouse “ás condolencias a toda a familia e amigos” do empresario lucense Jesús Lence, falecido o fin de semana. “Foi unha perdida moi importante para Lugo e a súa provincia, en termos empresariais, deportivos, sociais. O compromiso de Lence coa provincia de Lugo era indiscutible”, sinalou.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...