InicioAncaresAsinado o contrato para restaurar as pallozas do Cebreiro

Asinado o contrato para restaurar as pallozas do Cebreiro

O contrato prevé actuacións nas catro pallozas que forman o conxunto etnográfico coa substitución total da palla das súas cubertas en tres delas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Cultura e Turismo adxudicou por máis de 161.628 euros o contrato de reparación, restauración e conservación preventiva do conxunto etnográfico que forman as pallozas de O Cebreiro, no municipio lucense de Pedrafita.

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que a empresa adxudicataria destes traballos, que é Resconsa, dispoñerá agora dun prazo de catro meses para executar as actuacións programadas.

O contrato prevé actuacións nas catro pallozas que forman o conxunto etnográfico -Museo, Couzón, Campelo e Galán-, coa substitución total da palla das súas cubertas en tres delas e parcial na de Couzón, onde se aproveitará aquela que aínda se atope en boas condicións.

Ademáis, o proxecto tamén contempla a reparación das laxas dos accesos, así como melloras na instalación eléctrica e no sistema de iluminación.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...