InicioLugo e contornaLugoLugonovo e BNG ven "propaganda" e "electoralismo" no anuncio sobre a intermodal...

Lugonovo e BNG ven “propaganda” e “electoralismo” no anuncio sobre a intermodal de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugonovo e o BNG critican o anuncio feito este luns polo Goberno socialista para a posta en marcha das obras da intermodal da cidade. As dúas formacións cualificaron de “propagandistica” a visita do ministro Ábalos na cidade e tamén de “electoralistas” os seus anuncios.

“Un día no que se agarda a visita do ministro de Fomento para presentar, debe ser xa a cuarta vez, o protocolo de colaboración para a construción da Estación Intermodal. Pero ¿de que serve unha infraestrutura coma esta se non temos trens?”. É a pregunta que se fixo a portavoz de Lugonovo, Cristina Pérez Herráiz, coa intención de poñer en evidencia o “circo de actos electorais” ao que este proxecto está a dar pé mentres a cidadanía segue sen dispoñer de servizos axeitados.

“A sociedade luguesa xa está farta de ter que vaticinar que garantías terán, a cada volta, as novas promesas políticas realizadas ao respecto, tendo en conta que os distintos gobernos do bipartidismo levan falando deste edificio dende o 2010 sen que, case unha década despois, teñan concretado absolutamente nada, nin tan sequera as responsabilidades que lle compete a cada administración”, reprocha Cristina Pérez Herráiz nun comunicado.

A voceira do Grupo Municipal reiterou o desacordo da formación co deseño da dotación en tanto, “as instalacións semellantes, xa coñecidas, tenden a ser centros comerciais, deixando de lado a súa funcionalidade”.

BNG

Tamén o portavoz municipal do BNG en Lugo e candidato á Alcaldía, Rubén Arroxo, viu nos anuncios relacionados coas obras da intermodal da cidade de Lugo “un déjà vu da época preelectoral“, posto que asegurou que no ano 1988, sendo ministro de Transportes Abel Caballero, anunciouse “a chegada do AVE a Galicia para o ano 1993”.

Nun comunicado, Arroxo indicou que todo o anunciado polo ministro de Fomento, José Luís Ábalos, na súa visita deste luns a Lugo “non é máis que a procura dunha confrontación coa Xunta”. “Unha vez máis PSOE e PP utilizan Lugo como escenario de confrontacións políticas”, lamentou.

Respecto diso, remarcou que todos os convenios necesarios quedan supeditados a acordos coa Xunta que non están pechados. Para o BNG, o único certeiro da intervención de Ábalos foi “o relato de débedas do Goberno de Madrid con Lugo”, como a rotonda con Afonso X, os problemas coa néboa en Ou Fiouco e o mal estado do pavimento nas estradas.

+ posts

ÚLTIMAS

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...

O PP de Guitiriz amplía a denuncia contra a alcaldesa por posibles “irregularidades en documentos oficiais”

O Partido Popular de Guitiriz anunciou este mércores a ampliación da denuncia presentada contra...

O PSdeG de Rábade critica os orzamentos de 2026 por non teren “proxecto político”

O Grupo Municipal Socialista de Rábade votou en contra da aprobación inicial dos orzamentos...

Luz verde do Concello de Lugo para ampliar o paseo do río Rato

A xunta de goberno local de Lugo deu luz verde á intervención no tramo...