InicioLugo e contornaLugo Avogados de Lugo reclaman un xulgado de familia e outro de violencia...

 Avogados de Lugo reclaman un xulgado de familia e outro de violencia de xénero, ademais do do social

PUBLICADA O

- Advertisement -

O decano do Colexio de Avogados de Lugo, Félix Mondelo, reclamou, ademais dun novo xulgado do social para Lugo, outro de familia e un de violencia de xénero, este último tamén reivindicado por En Marea e o BNG.

O letrado considerou “prioritario” a posta en marcha dun novo xulgado do social para tratar de conter as demoras que se van ata os dous anos nos señalamientos e pide que entre en funcionamento este mesmo ano.

De feito, de porse en marcha neste exercicio, sinalan que aprazarían para o ano que vén a creación dos dous xulgados restantes. “En principio, un xulgado de violencia de xero e un xulgado de familia necesítanse”, reivindicou.

Mondelo asegurou que o colectivo que representa non se expuxo de momento mobilizarse para conseguir o xulgado do social, desvelando que están en “xestións co Ministerio de Xustiza”.

O tamén presidente do Consello Galego da Avogacía espera que frutifique toda a presión lanzada desde o Concello de Lugo, cunha declaración conxunta a favor dese novo xulgado do social referendada polo seis grupos políticos con representación municipal. “Imos esperar a ver que dan de si esas xestións. Imos esperar uns días a ver que pasa”, concluíu Félix Mondelo.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...