Identificados seis supostos traficantes de marcas falsificadas en Vilalba

A Garda Civil imputou en calidade de investigados a cinco veciños de Lugo e un de Ponferrada logo de intervirlles pezas de textil falsificadas

(Arquivo) Marcas falsificadas | Garda Civil
(Arquivo) Marcas falsificadas | Garda Civil

Cinco veciños de Lugo e outro de Ponferrada están sendo investigados pola Garda Civil por un delito contra a propiedade industrial. O Instituto Armado imputou a estas seis persoas trala intervención de pezas de textil con marcas falsificadas.

Recolle o GaliciaConfidencial que os seis investigados foron postos a disposición xudicial, como supostos autores dun delito contra a propiedade industrial. A razón foi a intervención, este domingo contra as 11.00 horas, de “numerosas pezas téxtiles con marcas supostamente falsificadas” na localidade de Vilalba.

Detido en Riotorto

A Garda Civil detivo así mesmo a un mirandés por requisito directo da autoridade xudicial. Cumpriron así coa orde requisitoria dimanante do Xulgado do Penal Número 2 de Lugo, trasladando a este veciño de Riotorto ao centro penal de Bonxe para o seu ingreso en prisión.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here